Documento acordado pola Xunta de Pladesemapesga hoxe 7 de setembro ante a situación que viven miles de persoas que solicitan axuda e refuxio en Europa.

A Plataforma en Defensa do sector Marítimo Pesqueiro de Galicia, reunida o día 7 de setembro de 2015, realiza a seguinte declaración, ante a situación que se atopan miles de familias e persoas que solicitan axuda e refuxio en Europa: 1. Galicia e as xentes da Mar sempre foron un sector solidiario e receptor de todas as persoas do Mundo e ante as persoas que sofren e máis necesitadas de calquera tipo de axuda, sirva de exemplo a contra a maior marea humana na catástrofe do Prestige. 2. A Plataforma en Defensa do Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia expresa toda a súa solidariedade coas refuxiadas e refuxiados dos países en guerra e móstrase disposto a darlles a acolleita que merecen e necesitan, e que esta se realice con todas as garantías para que poida ser eficaz e duradeira xunto ao apoio persoal e familiar que sexa necesario. 3. Pladesemapesga e os seus máis de 29 mil socios súmanse a todas as institucións na demanda ao Goberno de España e ás Institucións da Unión Europea dunha resposta e actitude rápida e efectiva ante as persoas que piden refuxio en Europa. 4. Pladesemapesga colaborará con todas as institucións para dar unha resposta integral e coordinada a esta situación. 5. Pladesemapesga quere recoñecer a solidariedade e o traballo que están desempeñando organizacións non gobernamentais, entidades sociais e a propia xente da Mar esparcida por todos os recunchos do Mundo, desde os cinco continentes e os seus océanos, converténdonos en trasmisores dos seus ofrendas e iniciativas de aportar toda a colaboración que sexa necesaria.

Antón Salgado Clavo. Vicepresidente de Plataforma en Defensa del Sector Marítimo Pesqueiro de Galicia

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: