Novacaixagalicia, Xunta de Galicia e o Centro Pen de Galicia convocan o XI Premio de Poesía

novacaixagalicia O prazo para a entrega de orixinais remata o 5 de setembro de 2013

Poden concorrer obras inéditas de máis de 600 versos escritas en lingua galega

20.03.2013. Hoxe presentouse en rolda de prensa a décimo primeira convocatoria do Premio de Poesía Novacaixagalicia que a entidade organiza en colaboración coa Xunta de Galicia e co Centro Pen de Galicia e que ten como obxectivo recoñecer libros de poemas escritos en lingua galega. Asistiron ao acto Pedro Otero Espinar, xerente de Novacaixagalicia, Anxo Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia e Luis González Tosar, presidente do Centro Pen de Galicia

Poderán concorrer obras inéditas, non presentadas a ningún outro concurso e cunha extensión mínima de 600 versos. O prazo de admisión de orixinais estará aberto ata o 5 de setembro de 2013. O xurado cualificador estará constituído por cinco persoas de recoñecido labor no ámbito literario; como presidente actuará o titular do Centro Pen de Galicia, e como secretario, o xerente de Novacaixagalicia. A decisión do xurado farase pública, a través dos medios de comunicación, no mes de outubro de 2013. O texto gañador recibirá un único premio de 6000 euros e será publicado na colección «Arte de Trobar», editada polo Centro Pen de Galicia e a fundación galega.

O galardón botou a andar no ano 2002 á iniciativa do Pen Club de Galicia e de Novacaixagalicia. No seu elenco de gañadores figuran poetas galegos como Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña, Arcadio López Casanova, Marilar Aleixandre, Carlos Penelas, Luís Valle Regueiro, Emma Pedreira, Xavier Rodríguez Baixeras ou X. Daniel Costas, que foi o gañador, entre 71 orixinais presentados, da anterior convocatoria

O xerente de Novacaixagalicia, Pedro Otero Espinar, aproveitou a ocasión para lembrar a importancia da poesía como xénero literario esencial na tradición galega. Segundo el, «trátase, poderiamos dicir, dun xénero que, aínda que minoritario, sobre todo se o comparamos coa narrativa, si é o que serve de alicerce tanto para a consolidación da renovación estética como para a normalización dunha lingua». Ademais, Otero fixo fincapé nos variados xogos que permite este xénero cando recoñecía que «a riqueza de matices, as posibilidades léxicas e estéticas que permite a poesía, sempre cuberta co fantástico veo dun autor-creador que procura novas formas de expresión, son o seu patrimonio esencial».

O secretario xeral de cultura, Anxo Lorenzo, afirmou que «sumamos este ano, por vez primeira, o noso apoio á realización deste certame para garantir a estabilidade do premio mediante a convocatoria dunha nova edición, co fin de seguir contando cunha cita de referencia na axenda cultural galega e cunha canle importante para estimular a creación literaria». Pola súa banda, Luis González Tosar, presidente do Centro Pen de Galicia, fixo referencia a Luis Pimentel, quen dicía que «a poesía é o gran milagre do mundo», para indicar que «de milagres gozosos vive e pervive a humanidade e non só de milagres económicos, científicos ou académicos», pois para el «a poesía é indispensable».

No enderezo http://www.obrasocialncg.com/es/cultural/premios_concursos poden consultarse as bases do premio.

 

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: