O VALOR DO PATRIMONIO DA DEPUTACIÓN PASA DOS 62,4 AOS 237,4 MILLÓNS E AS OBRAS DE ARTE DO MUSEO ESTÁN VALORADAS EN 156 MILLÓNS DE EUROS

diputacionpontevedraO inventario da Deputación de Pontevedra, a finais do 2011, era de 62.463.154 millóns de euros. A finais do 2012 chegou aos 237,4 millóns, un 380% máis pola integración dos patrimonios dos seus organismos autónomos.

Os datos, sempre referidos a valores catastrais, figuran na aprobación do inventario xeral da institución provincial que foi informado na comisión informativa de Fazenda do pasado venres, antes de ir ao vindeiro pleno.

No apartado de Inmobles, os aspectos máis destacables son:

  • ·        Terreos: A Deputación posee máis de 1,5 millóns de m2 en terreos. Destacan as fincas de Lourizán, Salcedo, Príncipe Felipe, Soutomaior, etc.  E engádese o polígono de Barro-Meis, pertencente antes ao Ipespo, cunha superficie de 250.000 m2.
  • ·        Edificios: a Deputación posee máis de 20 edificios, moitos de carácter histórico como o Pazo Provincial, Soutomaior, os seis do Museo, o Palacete das Mendoza, etc.
  • ·        Estradas provinciais: perto de 2.000 kilómetros.

No capítulo de Mobles de carácter histórico, é decir, as obras de arte, destacan:

  • ·        Obras de arte da Deputación:  760 obras de arte ubicadas ou almacenadas en diferentes dependencias teñen un valor de 3.685.197,44 de euros.
  • ·        Obras de arte da Escola de Canteiros: obras de arte elaboradas na Escola e valoradas en 432.091,52 € .
  • ·        Obras de arte das coleccións do Museo de Pontevedra: obras albergadas nos seis edificios e valoradas en 156 millóns €.

Á marxe destes valores mobiliarios, a Deputación tén outras propiedades como accións en Sogarpo, Club Financieiro de Vigo, Xestur, Celta, Pontevedra CF., etc. Ademais de vehículos, semovientes na Finca de Mouriscade, mobles, etc.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: