ROSA QUINTANA: “A DEFENSA DO LITORAL GALEGO FRONTE Á CONTAMINACIÓN MARIÑA É TRABALLO DE TODOS”

A  conselleira destacou que os municipios son os que mellor coñecen as características do seu territorio, e por iso é tan importante a súa implicación nesta tarefa

  • Sinalou tamén que Galicia foi a primeira Comunidade Autónoma en dotarse dun protocolo de actuacións dos distintos departamentos e administracións con competencias na materia

Santiago, 25 de xuño de 2013.- “A defensa dos nosos litorais é traballo de todos” e os concellos “son os que mellor coñecen as características do seu territorio, de aí a importancia da súa implicación” no desenvolvemento do Plan Territorial de Contaminación Accidental de Galicia (CAMGAL).

Así o afirmou esta mañá a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na inauguración do obradoiro sobre plans de continxencia locais dos concellos costeiros de Galicia, que se celebra en Santiago ao amparo do proxecto europeo ARCOPOLplus, que ten como obxectivo reforzar a seguridade marítima e a loita contra a contaminación nas rexións atlánticas europeas.

Na súa intervención, a conselleira advertiu que Galicia, ao ter tantos quilómetros de costa (1.500) e estar estratexicamente situada, ten máis posibilidades que ningunha outra rexión de padecer episodios de contaminación mariña. Por iso, en aras de conservar e protexer o noso mar, a Xunta aprobou o Plan CAMGAL, converténdose na primeira Comunidade Autónoma que publica un protocolo de actuacións dos distintos departamentos e administracións con competencias na materia.

Segundo explicou Rosa Quintana, este documento pretende que ante unha situación de crise como é a derivada dun accidente que provoca contaminación mariña, todos e cada un dos axentes coñezan de antemán o seu papel e grao de participación.

Protección

O principal obxectivo que se persegue é obter a máxima protección para as persoas, o medio ambiente e os bens que resulten ou poidan resultar afectados en calquera continxencia derivada dun episodio destas características, planificando e coordinando as actuacións a nivel territorial.

Dentro desta planificación, a titular de Medio Rural e Mar destacou a importancia da implicación dos concellos no desenvolvemento deste plan e destacou que a defensa do litoral é un labor de todos, lembrando que “a unión fai a forza”, algo fundamental –engadiu– “no empeño da defensa do que é noso”.

Neste obradoiro, dirixido a responsables e técnicos municipais dos concellos do litoral galego, intervirán representantes das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; do Centro Tecnolóxico do Mar; do Instituto Tecnolóxico do Mar e do Servizo de Gardacostas de Galicia. Os diferentes relatorios pretenden servir para explicar os detalles do Plan CAMGAL, así como para presentar o proxecto ARCOPOLplus aos participantes.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: