Xunta de Galicia – Noticias

20140212172512__MG_9753 O CONSORCIO DO LOURO INICIA A PRESTACIÓN EFECTIVA DOS SERVIZOS DE ABASTECEMENTO, SANEAMENTO E DEPURACIÓN NOS CONCELLOS DE TUI, SALCEDA DE CASELAS, O PORRIÑO E MOS

  • Xestionará o ciclo completo da auga dos case 59.000 habitantes e das 21.505 vivendas destes concellos
  • Trátase dunha experiencia pioneira en Galicia de xestión do ciclo da auga, baseada en casos de éxito de xestión supramunicipal
  • Poranse en práctica ordenanzas fiscais e regulamentos dos servizos que poidan ser modelo para outras experiencias posteriores

Santiago, 12 de de febreiro de 2014.- O Director e de Augas de Galicia xunto cos alcaldes de Porriño, Mos, Tui e Salceda de Caselas, como representantes das administracións que conforman o Consorcio do Louro, presentaron esta tarde as claves da xestión que se está xa levando a cabo por esta entidade supramunicipal. En concreto, o servizo do ciclo integral da auga nestes concellos é prestado polo novo Consorcio dende o 1 de xaneiro deste ano. Este servizo integral implica a garantía ambiental para o río Louro non só coa xestión do saneamento senón cun sistema de inspección máis rigoroso das verteduras das industrias. Ademais, inclúese o servizo da depuración da EDAR de Guillarei e garántese a sustentabilidade económica, financeira e institucional na xestión.

A XUNTA ABRE AO TRÁFICO O RAMAL DE CANGAS, NO PK 12 DO CORREDOR DO MORRAZO, TRAS REPARAR O NOIRO DANADO POR DESPRENDEMENTOS

  • A posta en servizo se realizará no entorno das 20,00 horas

    A derruba do noiro producíase na madrugada do venres ao sábado, ocupando a beiravía deste treito do corredor

Cangas (Pontevedra), 12 de febreiro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas abre hoxe ao tráfico o ramal de saída cara Cangas dende Rande, no PK 12 do corredor do Morrazo (CG-4.1), pechado dende o sábado por mor do desprendemento do noiro neste enlace. A posta en servizo está prevista para a tarde de hoxe, no entorno das 20:00 horas.

A Xunta de Galicia traballou na reparación da zona, trasladando maquinaria a esta área co fin de retirar o material desprendido e, posteriormente, analizar a situación do desmonte co fin de garantir a estabilidade do noiro.

Cómpre lembrar que a derruba do noiro producíase na madrugada do venres ao sábado, ocupando a beiravía deste treito do corredor.

Unha vez que a Xunta recibiu o aviso do desprendemento, técnicos de mantemento desta infraestrutura viaria procederon á sinalización e limpeza, ademais da retirada de material na zona da cabeza do noiro.

OS TÉCNICOS DO QUÉROTE+ DE XUVENTUDE IMPARTIRON 186 OBRADOIROS DE EDUCACIÓN SEXUAL NOS CENTROS DE ENSINO EN 2013

  • Hoxe, día 14 de febreiro, ademais de ser o día dos namorados, é o Día Europeo da Saúde Sexual
  • Neste sentido, precisamente hoxe celebrouse no centro de ensino IES Campo de San Alberto de Noia un obradoiro para os mozos e mozas de 3º da ESO
  • Os centros Quérote+ organizan tamén programas específicos de formación en educación sexual para entidades de persoas con diversidade funcional
  • Así mesmo, nestes emprazamentos pode realizarse a proba rápida do VIH

Santiago, 12 de febreiro de 2014.- Os técnicos dos centros Quérote+ dependentes da Dirección Xeral de Xuventude da Consellería de Traballo e Benestar impartiron 186 obradoiros de educación sexual nos centros de ensino en 2013, chegando a un total de 3.836 mozos e mozas.

Hoxe, día 14 de febreiro, ademais de ser o día dos namorados, é o Día Europeo da Saúde Sexual, xornada á que se suma Xuventude coas súas iniciativas e programas, dado que é un tema de interese, especialmente para a mocidade. De feito, das 5.068 consultas recibidas nos centros Quérote+ o pasado ano, o 85% refírense a aspectos vinculados coa sexualidade e a afectividade.

Neste sentido, precisamente hoxe celebrouse no centro de ensino IES Campo de San Alberto de Noia un obradoiro para os mozos e mozas de 3º da ESO impartido por unha das traballadoras dos Centros Quérote+ e que ten como obxecto que o alumnado poida aprender a coñecerse, aceptarse e vivir a súa sexualidade de modo saudable e libre de situacións non desexadas.

Os Centros Quérote+ ao longo de todo o curso académico imparten obradoiros en centros de ensino sobre esta temática xa que segue a ser un dos temas dos que máis consultan os mozos e as mozas tanto de forma presencial, telefónica ou on-line.

Así mesmo, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende que toda a mocidade teña acceso a este servizo, polo que ten tamén postos en marcha programas específicos de formación en educación sexual para entidades de persoas con diversidade funcional. Estes recollen unha formación a tres niveis: usuarios/as, profesionais e familias. No ano 2013 impartíronse 37 obradoiros, sendo 378 persoas as beneficiadas destas formacións.

Doutra banda, cómpre salientar que, apostando pola saúde sexual, nos centros Quérote+ os mozos e mozas poden acudir a realizar a proba rápida de detección da presenza de anticorpos fronte ao virus do VIH. No 2013 realizáronse 383 probas, un 17% máis que no ano anterior, sendo un servizo que vai en aumento ano tras ano.

Os días sinalados (mundiais, internacionais, europeos) son días para a visibilización, para a reflexión, para facer balances e valoracións e como non para adquirir compromisos. Xuventude comprométese coa saúde sexual dos mozos e as mozas galegas, non só con intervención puntuais en días sinalados, senón con intervencións e servizos que ao longo de todo o ano están a disposición de mozos e mozas para que poidan informarse, formarse e ter un asesoramento profesional.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: