FEIJÓO REFÍRESE A GALICIA COMO UN POBO COMPOSTO POR XENTE VITAL QUE EMPRENDE, SOLIDADARIA E QUE SE REBELA CONTRA A CRISE CON TENACIDADE E RESOLUCIÓN

  • Sostén que a clave do bo gobernante é saber establecer contacto con esa parte da comunidade sobre a que se asentan as auténticas bases da convivencia: “É preciso somerxerse nela, escoitala, compartir as súas inquietudes para logo, provistos desa inmensa bagaxe, aplicalo nas tarefas de goberno”

Mondariz Balneario (Pontevedra),  21 de xuño de 2013.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse, esta tarde, a Galicia como un pobo composto por xente vital que emprende, que sigue adiante, que é solidaria e que se rebela contra a crise do único modo eficaz, que é con tenacidade e resolución.

Durante o acto de presentación do X Volume da Enciclopedia Galicia Sexta Provincia, Feijóo avogou por marcar o rumbo de Galicia seguindo a senda de todos eses galegos “que fan camiño ao andar nas súas vidas cotiás, nos seus traballos, nas súas profesións”. E, nesta liña, aseverou que “o gran propósito dos que temos encomendadas responsabilidades públicas é lograr que todos eses sendeiros individuais conflúan nun gran camiño polo que podamos camiñar todos, sen ningún tipo de peaxe”.

“A clave do bo gobernante é saber establecer contacto con esa parte da comunidade sobre a que se asentan as auténticas bases da convivencia. É preciso somerxerse nela, escoitala, compartir as súas inquietudes, tomar exemplo da súa loita calada para logo, provistos desa inmensa bagaxe, aplicalo nas tarefas de goberno”, engadiu.

Logo de precisar que a Galicia de hoxe é unha fiestra aberta ao mundo e unha porta que nunca está pechada; Feijóo concluíu a súa intervención recoñecendo que, se ben parecía que o complicado da aventura de Enrique Beotas era atopar cada ano novos expoñentes da Galicia que afronta a súa vida e a súa profesión con ánimo esperanzador, o problema co que se atopa Beotas non é a escaseza senón a abundancia.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: