A DEPUTACIÓN DESTINA MÁIS DE 500.000 € PARA A MELLORA E SINALIZACIÓN DE 10 ESTRADAS PROVINCIAIS DA ZONA SUR

  • As obras reforzarán a seguridade viaria e o control dos vehículos
  • Dotarase as estradas dun tratamento antideslizante e reporase a sinalización horizontal

A Deputación de Pontevedra levará a cabo o proxecto de mellora da capa de rodadura a través da aplicación dun tratamento antideslizante e de reposición de sinalización horizontal existente nas estradas provinciais da zona sur.

Trátase dun proxecto que ten por finalidade reforzar a capacidade de freado e control dos vehículos que se atopan con este problema durante o traxecto. O organismo provincial destina un orzamento de 504.652 euros a este proxecto de seguridade viaria cun prazo de execución de referencia de 6 meses.

As actuacións levaranse a cabo nas seguintes estradas:

  • E.P. 0103 N-550 Lago de Castiñeiras, tramos P.K. 0+000a P.K. 5+500
  • E.P. 0104 Ramal Igrexa de Figueirido, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+670
  • E.P. 1103 San Benito- Domaio, tramos P.K. 0+000 a P.K. 2+500
  • E.P. 1205 Acceso Praia de Aguete, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+364
  • E.P. 1307 Praia Lapamán, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+195
  • E.P. 1308  Praia Lagos, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+900
  • E.P. 1309  Praia Beluso, tramos P.K. 0+000a P.K. 0+500
  • E.P. 2204  Sabarís-Belesar, tramos P.K. 0+650a P.K. 1+400
  • E.P. 3302  Tabagón-Rosal-Portocelo, tramos P.K. 0+000a P.K. 1+180
  • E.P. 4305 Lougares-Piñeiro, tramos P.K. 4+820 a P.K. 8+980

A Deputación ten previsto tamén executar outros dous proxectos similares nas estradas da zona centro e da zona sur, cun investimento total superior ao millón e medio de euros.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: