Alberto Núñez Feijóo, na clausura do congreso de Vigo

Feijóo asegura que mentres o Goberno de España e o PSOE sigan caendo na incoherencia, a improvisación e a contradicción a Xunta e o PP optarán sempre pola anticipación

  • Indicou que a elección de José María Figueroa supón unha “boa noticia” para o PPdeG, para o PP de Vigo e para a cidade de Vigo.

Advertiu de que “os galegos, que si somos coherentes, imos dicirlles cunha man non a este modo de gobernar e, coa outra, Partido Popular”
Vigo, 17 de setembro de 2011.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe en Vigo que, “mentres o Goberno de España e o PSOE siga caendo na incoherencia, a improvisación e contradicción, a Xunta e o Partido Popular van seguir tentando optar sempre pola anticipación”.
Núñez Feijóo salientou que un dos “grandes problemas” que aínda padece España é “chegar tarde a afrontar a crise”. De feito, indicou que estas prácticas foron a orixe de “malos orzamentos, gastos que non podíamos permitirnos e medidas contraproducentes” que, segundo apuntou “non podemos permitirnos nin un día máis”.
Feijóo invitou a que, en lugar de seguir este exemplo, “ao igual que a Xunta de Galicia, debemos tentar sempre anticiparnos”, algo que, aseverou, “imos seguir facendo”. Neste senso, indicou que en Galicia “adiantámonos” e “tomamos as medidas de austeridade que, dous anos despois, hoxe comezan a tomar outros, axustamos os orzamentos á realidade mentres outros gastaban o que estaba por enriba das súas posibilidades, equilibramos as contas mentres outras comunidades e o Goberno de España engordaban o déficit, fixamos un teito de gasto para 2012 mentres o Congreso debatía fixalo para o final da década” e, ademais, “adiantámonos cunha educación bilingüe en liberdade e aunando territorios”.

“Adiantámonos dende a Xunta de Galicia e dende o Goberno de España recuperaremos todo o tempo perdido”. En definitiva, “adiantámonos” e “seguirémolo facendo”, concluíu.

Para o presidente dos populares galegos, nos últimos oitos anos “Galicia nunca ten sido unha prioridade do PSOE” e o demostraron “explicitamente” durante o “primeiro Xacobeo sen Presidente”, “co financiamento dos servizos públicos dos galegos” e co seu trato aos “sectores estratéxicos galegos como o naval, o lácteo ou a pesca”.
O popular indicou que  “o último día que o PSOE demostre a súa coherencia” será, “sen dúbida” o vindeiro 20 de novembro. “Nen un día máis”, apostillou.
COHERENCIA
Na súa intervención durante a clausura do congreso local do PP de Vigo, Feijóo apuntou a necesidade de elixir, pola contra, o camiño da coherencia. Así, indicou que “coherencia é que despois das palabras haxa feitos que fagan que teña sentido o dito”.
Para Feijóo, o contrario da coherencia “chámase Partido Socialista”, xa que actúan “coma un ventrilocuo cun boneco en cada man” e “mentres cunha man critican durante anos que o PP defenda a estabilidade e a rigurosidade nas contas coa outra o fixan na constitución”.
Así mesmo, engadiu que a falla de coherencia socialista queda reflectida nun mesmo Pleno no que “cunha man votan en contra de que Galicia fixe un teito de gasto e coa outra votan que este estea reflectido no Estatuto”.  Do mesmo xeito, afirmou que “cunha man reúnense cos ricos dicindo que son a solución e coa outra din que son o problema” e apuntou que mentres “dinse autonomistas, non fan máis que recortar recursos ás autonomías”.
Dixo que non son un “partido” –xa que “expulsan aos que discrepan do pensamento único”-, non son “socialistas” –pois teñen levado “ao borde da quebra o sistema de benestar”-, nin “obreiros” –porque asinaron unha “reforma laboral nefasta”-, nin “españois” –agárranse aos nacionalistas en canto poden-.
Engadiu, para rematar, que “os galegos, que si somos coherentes, imos dicirlles cunha man non a este modo de gobernar e, coa outra, imos dicir Partido Popular”.
JOSÉ MARÍA FIGUEROA
O presidente dos populares galegos fixo tamén unha mención ao presidente electo do PP de Vigo, José María Figueroa. Tras darlle a noraboa indicou que a súa elección supón unha “boa noticia” para o PPdeG, para o PP de Vigo e para Vigo. Do mesmo xeito, Feijóo agradeceu a Figueroa a súa “resposta continuada ao partido” e o seu “traballo sen descanso”.
Tamén lle sinalou a Figueroa que recibe un partido “maioritario, con futuro, que demostrou que sabe gobernar e que ten a obligación de liderar a política local”. Ademáis, animou ao presidente electo a traballar para acadar “resultados históricos” nas vindeiras eleccións xerais, nas autonómicas e nas municipais.
Por último, fixo mención á presidenta saliente do partido en Vigo, Corina Porro, a quen agradeceu o traballo desenvolvido. Neste senso, afirmou que “deixa o listón moi alto” a Figueroa.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: