Ayuntamiento de Vigo 25-04-12


O alcalde subliña a «magnífica atención» do Goberno de España a «temas claves» de Vigo

Abel Caballero recibiu este mércores ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello, na primeira visita institucional ao Concello desde o seu nomeamento. Ambos salientaron a «atención» do executivo central a cuestións importantes para Vigo como a nova estación do AVE, o aeroporto ou a depuradora.

 


A nova depuradora de Vigo funcionará provisonalmente en xullo de 2013

Abel Caballero avanzou que a construcción da nova depuradora de Vigo comezará este mes de xullo e que entrará en funcionamento de xeito provisional en xullo de 2013. O proceso, explicou hoxe mércores «segue cumprindo os prazos previstos» e podería estar rematada a finais de 2015.

 


O goberno local apoia a mobilización sindical contra os recortes en sanidade e educación

O alcalde entrevistouse este mércores cos secretarios comarcais de UGT e CCOO, sindicatos que convocaron para este domingo, ás 12 horas, unha manifestación en contra dos recortes en sanidade e educación. Estas medidas afectan «de xeito moi importante» á cidadanía viguesa, apuntou Abel Caballero, en particular polo «hospital privado» que estase a construir en Vigo desde a Xunta de Galicia.

 


Caballero ve «lagoas constitucionais moi serias» na lei de Área Metropolitana de Vigo

Tras unha entrevista con representantes do colectivo educativo da cidade, e tras numerosas reunións con distintos sectores, o alcalde revelou a «indignación» de Vigo cunha lei definida como unha «agresión» á urbe que toda a cidadanía «percibe e rexeita». Abel Caballero criticou que, tras meses de negociacións, a lei «en lugar de avanzar, retrocedeuse».

 


Caballero avanza a opinión «unánime» da Femp de acotar a actuación das deputacións a concellos de menos de 20.000 habitantes

Abel Caballero anunciou hoxe mércores o «unánime» acordo de todos os membros da Femp para limitar as actuacións das diputacións a concellos de menos de 20.000 habitantes. Esta «sabia e convinte» decisión foi unha das que se alcanzou onte na na xunta de goberno da Federación de Municipios e Provincias na que participou o rexedor e vicepresidente do ente.

 


Atopar emprego a través das redes sociais

A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Emprego convocan o obradoiro «atopar emprego a través das redes sociais» con obxectivo de difundir o novo escenario do mercado laboral, facilitando ás persoas que buscan emprego unha maior e mellor adaptabilidade á nova realidade.

 


Nova sesión do III Ciclo «Muller e Saúde integral»

A Concellería de Igualdade organiza durante os meses de abril a xuño unha nova edición do ciclo «MULLER E SAÚDE INTEGRAL» . Os obradoiros impartense na Casa das Mulleres ( rúa Romil nº 20, Vigo ) O seguinte obradoiro «Practiquemos Pilates. Efectos beneficiosos» a cargo de Isabel Rodríguez de la Iglesia, monitora de pilates , está programado para o xoves, 26 de abril, ás 19.00 h.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: