MAÑÁ PARTE A EXPEDICIÓN DE ARTISTAS CARA O SAHARA CO GALLO DO FISAHARA (Festival Internacional de Cine do Sahara)
IVÁN PRADO, director do Festiclown e portavoz de Pallasos en Rebeldía, encabeza a caravana de pallasos que nesta ocasión apoiarán dende o terreo ao pobo Saharaui e ao Fisahara.
Desta volta Pallasos en Rebeldía e Ivan Prado compartirán aventuras con persoeiros do mundo da cultura como Aitana Sánchez Gijón, Juan Diego Botto, Eduard Fernández, Jordi Aguilar, a mexicana Dolores Heredia (México é o país invitado este ano) e os productores Gerardo Herrero e Mariela Besuiesvky, así como El Canijo de Jerez e Tomasito, que serán os encargados do concerto que pechará o festival.
Iván Prado encabeza a caravana que Pallasos en Rebeldía e o Festiclown organizan e na que 5 artistas (artistas circenses, pallasxs…) emprenden unha nova viaxe de fraternidade humana a través da risa, co obxectivo de levar a risa e o clown ao pobo Saharaui estudar sobre o terreo a viabilidade de realizar un Festiclown no Sahara.
Despois do rotundo éxito do Festiclown Palestina (realizado en setembro de 2011) Pallasos en Rebeldía continúa no seu afán de levar o espírito revolucionario da
risa e do clown a quen máis o necesita, neste caso aos nenos/as saharauís confinados no deserto alxerino desde fai xa 37 anos.
Ivan Prado estará disponible para entrevistas ata a saída do avión cara o Sahara mañá martes a 1ª hora da tarde.