A DEPUTACIÓN BUSCA QUE A VOLTA A ESPAÑA SIRVA TAMÉN DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL A TRAVÉS DA INICIATIVA “POLA MIÑA VILA PASA A VOLTA”
Estableceranse premios económicos de 4.000€ para o primeiro finalista e de 3.000€ para o segundo.
- · As candidaturas deberán presentarse antes do 5 de agosto.
- · O modelo de solicitude e as bases da convocatoria poden consultarse na páxina web da Deputación de Pontevedra www.depo.es.
A deputada, Begoña Estévez, presentou hoxe a segunda edición da iniciativa “Pola Miña Vila pasa a Volta”, unha actividade a través da cal a Deputación pretende implicar a todos os municipios para ofrecer a mellor imaxe da provincia co gallo da celebración da 68 edición da Volta Ciclista a España que se 24 ó 27 de agosto, con saída oficial dende as Rías Baixas e o seu paso en catro etapas por 35 concellos desta circunscrición.