A Fundación Novacaixagalicia presenta o seu informe de economía 2012
A Fundación Novacaixagalicia presentou esta mañá aos medios de comunicación o vixésimo sétimo número de A Economía Galega. Informe 2012, unha obra que se centra na análise sistemática e pormenorizada desta economía a partir da evolución seguida polos seus sectores produtivos. O estudo foi realizado grazas á colaboración prestada por Novagalicia Banco a través de seu convenio coa Fundación Novacaixagalicia. O acto tivo lugar no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia en Santiago de Compostela e estiveron presentes Pedro Otero, xerente da Fundación Novacaixagalicia e Alberto Meixide, director da publicación.