Concello de Vigo

 


O equipo español na Volvo Ocean Race promociona a candidatura das Cíes a Patrimonio da Humanidade

O alcalde de Vigo mantivo este mércores unha reunión con Pedro Campos, director do Desafío Español da volta ao mundo de vela, quen lle transmitiu que a embarcación levará rotulado o emblema «Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade» como apoio á candidatura. Esta promoción, sen coste para a cidade, chegará a Brasil, USA, Portugal, Francia e Suecia, próximos destinos da Volvo Ocean Race.

 

Os 140 beneficiarios do programa Vigo Emprega I empezarán a traballar nunha semana

A Xunta de Goberno Local aprobou este mércores a contratación dos 140 beneficiarios da primeira quenda do programa Vigo Emprega I. Estes traballadores incorporaranse ás súas tarefas no prazo dunha semana, segundo avanzou o rexedor, quen recordou que esta iniciativa municipal conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros.

 


O goberno local atenderá a demanda de veciños da Travesía para mellorar o saneamento

O alcalde recibiu este mércores a un grupo de veciños da Travesía, en representación dunhas 400 vivendas que teñen neste momento un problema na rede de saneamento «que temos que resolver», indicou Caballero. O rexedor afirmou que o goberno local, tras coñecer o seu planteamento, visitará a próxima semana a Travesía para atender a demanda veciñal.

 


Exposición «A outra cara de Africa» no Verbum

O Verbum-casa das Palabras (Avda de Samil, 17) acolle a exposición «A outra cara de África», promovida pola Asociación de Emigrantes Senegaleses residentes en Vigo, en colaboración coa Concellería de Cultura, Festas e Museos. A Exposicion que se poderá visitar ata o 28 de xuño amosa aspectos na vida da cultura de África.

 

Concerto do ciclo «Música e Resitencia» da Orquestra Clásica de Vigo

O domingo 5 de abril terá lugar o segundo dos concertos deste ciclo de música que terá lugar na igrexa de María Auxiliadora ás 20.30 horas. Este segundo concerto enmarcado nas datas de semana santa serve para reflexionar a capacida­de da música como válvula de escape nun momento de dor e opresión extrema.

 

Medidas de tráfico por obras

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja un comentario