Archive | agosto 12, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 12-08-11


Abelairas informou que xa vendéronse 1.500 entradas para o concerto de Los Planetas en Vigo

A concelleira de Cultura, Isaura Abelairas, presentou este venres o concerto que ofrecerá Los Planetas no Parque de Castrelos, mañá sábado ás 22:30 horas, teloneados polos vigueses Munich. O ritmo de venda de entradas «vai ben», a cinco euros, cunhas 1.500 despachadas sobre un aforo próximo ás 4.000 localidades. A banda granadina conxugará os últimos traballos cos seus temas clásicos, baixo 100.000 watios de son.

Actividades interxeneracionais de verán nos parques biosaudables e prazas da cidade

A Concellaría de Política de Benestar realizar actividades durante o veran nos parques biosaudables e prazas da cidade. Son actividades dunha hora de duración, gratuitas e sen inscripción.É unha oferta dirixida a toda a poboación, prestando especial atención ás persoas maiores acompañadas dos seus netos, fillos, parellas, veciños,etc.

 


A Feira do Paseo de Alfonso oferta o sábado artesanía, produtos da horta, tapas e música

Coincidindo coas festas da cidade, FEIRA trasládase nesta ocasión ao sábado 13 de agosto e contará coa súa habitual selección de produtos ecolóxicos frescos, presentaranse propostas artesanais , haberá unha selección de tapas e pinchos de cinco locais do paseo,e pola noite ofrecerase actuacions musicais de cabaret, jazz e sesión Dj.



Los Planetas

Los Planetas e Bad Religion en Castrelos

Os grupos Los plantes e Bad Religion toman o escenario de Castrelos o sábado 13 e domingo 14, respectivamente, no marco da Semana Grande.

EXPOSICIÓN PÚBLICA ESTUDIO DE DETALLE RUA TRAVESIA PINO Nº 6 (EXPTE 13281/411)

Peche de tráfico dun carril da rotonda de Travesía de Vigo

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras da nova canalización de abastecemento ao Morrazo, a realizar pola empresa UTE MORRAZO EXCOVER BARDERA, estará pechado un carril en cada sentido da rotonda de TRAVESIA DE VIGO con Cantabria, dende o mércores 17 de agosto de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado de duas semanas.

O centro de estudios de NCG subliña o aguante da industria pese ao desplome da construción

Leve melloría no mercado de traballo ao descender a taxa de paro un 0,5% no 2º trimestre

O moderado crecemento do PIB galego, un 0,7% non permite consolidar a recuperación

O director do Servicio de Estudios da Bolsa analiza os axustes financeiros entre 2008-11 Leer más…

MIRANDO AO CEO NO MUSEO DO MAR

O vindeiro martes, de 21:00 a 00:00 h., terá lugar unha xornada de observación das estrelas na praia anexa ao Museo do Mar
Un experto explicará aos asistentes os segredos das constelacións e da orientación marítima a través dos astros
Leer más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA ESTREITA LAZOS COAS ADEGAS MARTIN CODAX E CONDES DE ALBAREI PARA A SÚA INCORPORACIÓN A GALICIA CALIDADE

  • A directora Xeral de Comercio, Nava Castro; o Delegado da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores; e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, visitaron hoxe as adegas e informaron das vantaxes que supón este distintivo de calidade
  • Nava Castro salientou o apoio decidido da Consellería pola marca de garantía Galicia Calidade como o selo de identidade de Galicia onde están representadas as mellores empresas e produtos
  • A marca de garantía conta na actualidade cun total de quince viños amparados, dos que sete pertencen á Denominación de Orixe Rías Baixas Leer más…

JOSÉ MANUEL FIGUEROA RECÓRDALLE A CÉSAR MOSQUERA QUE A DEPUTACIÓN XA PRESENTOU A SÚA NOVA ESTRUTURA HAI CASE UN MES QUE SE REXIRÁ POR CRITERIOS TERRITORIAIS “MÁIS MODERNOS E AUSTEROS”

O vicepresidente da Deputación, José Manuel Figueroa, saíu ao paso hoxe das declaracións realizadas polo concelleiro de Pontevedra e Deputado provincial do BNG César Mosquera acusando ao Goberno provincial de non ter feito un reparto de competencias interno. Figueroa explicou que “xa se fixo unha presentación do novo organigrama da Deputación. Apostamos pola modernidade e austeridade e por un reparto xeográfico onde os 16 Deputados do PP terán responsabilidades nas súas zonas de influencia” “O señor Mosquera non se entera dos cambios producidos na Deputación. A nosa aposta para estes catro anos é reducir os custes de funcionamento, a supresión de organismos autónomos, de asesores e de persoal de confianza. Leer más…

Valença Promove Caminhos de Santiago

Valença promove uma caminhada à descoberta do Caminho Português para Santiago, Sábado, 13 de Agosto. A iniciativa é da Associação Confraria de São Tiago «Espaço Jacobeus» e a Iacobus – Confraria de São Tiago de Tui e do Baixo Minho, com o apoio da Câmara Municipal de Valença, do Ayuntamento de Tui e da Junta de Freguesia de Fontoura. Leer más…

Consorcio inicio obras Hortas 10-12

  • Esta actuación está integrada nos traballos de recuperación do cuarteirón Castelo de San Sebastián, iniciadas xa a finais do mes de xullo coa intervención nos inmobles ubicados en San Sebastián 8-12-14 por un importe de 400.000 euros.
  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta, Lucía Molares, resaltou o feito de que nas últimas dúas semanas “iniciamos novas obras de rehabilitación na parte alta do casco histórico por un valor superior ao millón de euros”.
  • Os traballos en Hortas 10-12 teñen un prazo de execución de 12 meses, co que se estima que a rehabilitación estea rematada para o vindeiro verán.
  • A intervención porá no mercado outras 5 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), das que 3 terán dous dormitorios e 2 unha habitación. Os pisos contarán con superficies entre 67 e 108 m2 e costarán entre 123.000 euros o mais barato e 192.000 euros o mais caro.
  • Nestes momentos, o organismo ten en marcha a reforma de dous cuarteiróns na parte alta do Casco Vello, a máis degradada do barrio histórico e que permitirán cambiar por completo a imaxe do entorno do Castelo de San Sebastián. Leer más…

¡Un cadáver humano en un escaparate de la Gran Vía de Madrid!

El cuerpo, real y perteneciente a la muestra Human Bodies The  Exhibition, estará hasta el 7 de septiembre en el escaparate de National Geographic Store.   Se trata de la primera “exhibition in shop” que se realiza en España.
12/08/2011. MADRID.- Los transeúntes que paseaban esta mañana por el centro de Madrid se han encontrado con algo insólito: un cuerpo humano, real, expuesto en uno de los escaparates de National Geographic Store, en plena Gran Vía madrileña. Concretamente, un corte sagital (paralelo al eje longitudinal medio), uno de los elementos más sorprendentes de la exitosa muestra Human Bodies, ubicada en el Pabellón numero XII de la Casa de Campo, se ha desplazado hasta el National Geographic Store, en el número 74 de la centenaria calle, donde permanecerá hasta el próximo día 7 de septiembre.  Leer más…

Turismo Rías Baixas xullo-agosto

O vicepresidente da Deputación e máximo responsable do Padroado de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, presentou hoxe os datos de ocupación turística do mes de xullo e da primeira quincena do mes de agosto elaborados polo Observatorio da institución provincial. As cifras indican un lixeiro descenso con respecto aos mesmos períodos do ano pasado pero algo mellores que no 2009, consolidando ás Rías Baixas como un dos destinos máis visitados de España. Leer más…

ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVE A CELEBRACIÓN DA IV FEIRA DE ARTESANÍA E COMERCIO DE CAMBADOS

  • A Consellería de Economía e Industria realiza un investimento de preto de 20.000 euros e, por medio da Fundación Centro Galego da Artesanía o do Deseño, faise cargo da presenza de nove espazos destinados á exposición e venda de artesanía, así como á promoción da marca Artesanía de Galicia
  • A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, participaron esta mañá no acto de inauguración desta mostra, que estará aberta ao público no Paseo da Calzada entre o 12 e o 14 de agosto Leer más…