Xunta de Galicia
A vindeira semana o Diario Oficial de Galicia fará publico este contrato de Augas de Galicia
A XUNTA LICITA A RENOVACIÓN DO PLAN DE CONTROL DE VERTIDOS PARA A DEMARCACIÓN GALICIA COSTA SUR, QUE INCLÚE A CONCA DOS RÍOS DO ROSAL, VIGO, PONTEVEDRA E O SALNÉS POR 1,2 MILLÓNS DE EUROS
- Deste xeito rematase co proceso de licitación para a emenda de vertidos, xa que nas semana anteriores se fixo público o contrato da zona Centro e Norte
- En total, a administración autonómica destina case 5 millóns de euros ata o 2015 para continuar coas actuacións que eviten a contaminación na conca hidrográfica xestionada pola Xunta de Galicia
- Dende o 2009 realizáronse 8.609 inspeccións que se complementan coas cerca de 5.038 mostras recollidas, nas cales se analizou unha totalidade de 32.970 parámetros
- Este plan, en colaboración cos concellos, permitiu a supresión de 970 verteduras contaminantes dende o ano 2009 nos ríos e rías de Galicia.
- A POLICÍA AUTONÓMICA DETÉN A OITO PERSOAS COMA PRESUNTOS AUTORES DE INCENDIOS FORESTAIS NOS CONCELLOS DE BOQUEIXÓN, AMES, O PINO, OUTEIRO DE REI, MORAÑA E MONDARIZ
- Un dos lumes afectou a unha superficie de 38.000 metros cadrados no concello de Ames
- A Policía Autonómica leva detidas no que vai de ano a 40 persoas por delitos relacionados con incendios forestais .