adxudicacion municipal do servizo integral de mantemento de cemiterios – Concello de vigo

COMUNICADO DE PRENSA
Adjudicacion PP cementerios[1]_page1_image2 (2)Vigo, 27 de maio de 2013.- Con repecto á adxudicación do servizo de mantemento dos
integral dos cemiterios municipais á empresa Servizos Auxiliares de Mentemento e Limpeza
(Samyl S.L.), o goberno local aclara que esta adxudicación, como todas as demais, pasou
pola mesa de contratación na que están presentes representantes de todos os grupos
políticos e foi aprobada con todos os informes técnicos e xurídicos a favor, é dicir, con total
transparencia.
Na clasificación de ofertas da mesa de contratación celebrada o 17 de abril de 2013 os
técnicos e xurícos asinaron a seguinte puntuación: Samyl acadou o primeiro posto, con
88,09 puntos; Thaler, segundo, con 79,81; UTE, terceira, con 78,50; Cespa, cuarta, con
77,10; Acciona, quinta, con 41,82; e, por último, Elsamex, sexta, con 40,63 puntos.
Atendendo a esta clasificación e como non podía ser de outra maneira, os membros da mesa
de contratación decidiron por unanimidade adxudicar o contrato á empresa mellor puntuada.
E dicir, se a Xunta de Goberno local non chega a adxudicar este contrato a Samyl S.L.,
-compañía clasificada en primeiro lugar- estaría comentendo unha irregularidade. Ademáis,
esta oferta significará un aforro de 50.000 euros para as arcas municipais.
Por outra banda, Samyl S.L. xa estaba prestando este mesmo servizo para o Concello froito
dunha adxudicación realizada no 2007 polo goberno do PP de Corina Porro e sendo tenente
de alcalde, Jose Manuel Figueroa, actual voceiro popular no Concello de Vigo.
Concretamente, foi o señor Figueroa, membro daquel goberno do PP o que asinou a
adxudicación, cono tenente de alcalde, o 30 de abril de 2007.
Samyl S.L. é unha empresa con sede en Valladolid que oferta múltiples servizos ás
administracións públicas, entre outras, ao propio concello vallisoletano.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: