Os socialistas de Salceda aplauden os orzamentos da súa Concelleira
A nosa implicación cos desempregados e coas persoas de menos recursos ten que reflectirse aqui
A Asamblea celebrada o pasado 4 de xullo, na súa sede da Avda. De Galicia número 30, aplaudiu a medida tomada pola representante socialista Marina Cabaleiro de derivar os gastos protocolarios das súas áreas á partida de Emprego e Formación.
Tanto o Secretario Xeral como a Vicesecretaria Xeral e asesora da portavoz socialista, Verónica Tourón espuxeron os orzamentos aos militantes e simpatizantes; os cales gabaron as decisións tomadas, no ámbito económico, por estas dúas mulleres que representan o PsdeG-PSOE no concello.
En declaracións da portavoz socialista, Marina Cabaleiro “a nosa implicación cos desempregados e coas persoas de menos recursos ten que reflectirse aqui”. Estas palabras, e outras como “o noso traballo no Concello non é sinxelo, xa que as áreas nas que traballamos son as que atenden as clases media, baixa e persoas sen recursos, sectores da sociedade que miran como o Partido Popular está destruindo todos os dereitos consolidados cos gobernos socialistas: sanidade, educación, prestacións…” resonaron ó longo da Asamblea.
Dende a executiva socialista tamén suliñan que as políticas do goberno central e da xunta, están destruindo a clase media, facendo que as desigualdades entre clases sexa máis visible. “Cada vez hai máis persoas da clase alta e máis persoas sen recursos, desaparece a clase media”.
Marina Cabaleiro, actual tenente alcalde, “somos conscientes de que as áreas que asumimos nesta lexislatura iban a necesitar un maior compromiso económico e humano, tanto Benestar Social como Emprego e Formación por iso, tentamos redistribuir o orzamento para poder facer frente as necesidades destas áreas. A política que facemos noutras áreas das que somos responsables como Deportes, Voluntariado ou Igualdade tentamos de controlar o gasto e contar máis coa implicación de tódolos sectores da sociedade, ós cales agradecemos a súa colaboración”.