XESTUR PONTEVEDRA ADXUDICOU EN 677.533 EUROS MÁIS IVE O REMATE DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DO PARQUE DE SAN PAIO DE NAVIA

A nova adxudicación prodúcese 20 días máis tarde da rescinsión do contrato á anterior empresa, o que ven a demostrar o compromiso da Consellería de axilizar todos prazos para rematar a obra o antes posible

A empresa encargada do remate das obras será Movex Vial, S.L.

  • O remate das obras prevese para finais de febreiro de 2011
  • As partidas máis importantes corresponden a pavimentos, xardinería, instalacións de enerxía solar e alumeado público

 O consello de administración de Xestur Pontevedra adxudicou hoxe as obras de remate da zona verde de San Paio de Navia, en Vigo, á empresa Movex Vial, S.L., por importe de 677.533 euros máis ive. O inicio das obras terá lugar na primeira quincena de xaneiro e rematarán a finais de febreiro de 2011. Coa adxudicación hoxe das obras de remate do parque de Navia, Xestur resolve nun tempo moi breve o problema derivado da situación preconcursal da empresa á que lle foran adxudicadas as obras na etapa do anterior goberno. A decisión de rescindir dito contrato foi tomada polo consello de administración da sociedade no mes de novembro pasado e o contrato quedou definitivamente rescindido o pasado 9 de decembro. So vinte días máis tarde o remate das obras está adxudicado a unha nova empresa. As obras pendentes de remate na gran zona verde de San Paio de Navia afectan a pavimentos, xardinería, instalacións de enerxía solar e alumeado e redes de rego, fundamentalmente, pero tamén serán necesarias reparacións en elementos xa instalados. As partidas máis importantes son as correspondentes a xardinería e instalacións de enerxía solar. No caso de xardinería plantaranse arredor de cen árbores e cubriranse preto de 800 metros lineais de plantas trepadoras, sementaranse 11.300 metros cadrados de céspede e 6.100 de hidrosementeira, máis de 7.000 metros cadrados de arbustos tapizantes e preto de 2.000 metros cadrados de gramíneas. No que respecta ás instalacións de enerxía solar con que contará o parque, instalaranse 39 módulos fotovoltaicos e tódolos elementos necesarios para a súa conexión á rede. Finalmente, tamén destacan as obras necesarias para o remate da rede de alumeado público coa instalación, entre outros elementos, de máis de 40 luminarias empotradas no chan. A zona verde de San Paio de Navia, o gran parque central da urbanización, ocupa 89.217 metros cadrados e cando estea rematado será o segundo parque máis grande da cidade, está sendo executado por Xestur Pontevedra en virtude da encomenda do Instituto Galego da Vivenda e Solo. A obra foi adxudicada á empresa Bruesa Construción S.A, por importe de 4.911.139,86 € (IVE engadido) en novembro de 2007. Un ano máis tarde o IGVS autorizaba un modificado por importe de 886.880,65 € (IVE engadido), que incluía a dirección facultativa das obras e a dirección de coordinación de seguridade e saúde. O modificado supuxo un incremento de máis do 18 por cento do importe de adxudicación inicial e, a pesar de todo os técnicos do IGVS e Xestur detectaron recentemente carencias, como a ausencia de barandas de protección en zonas perigosas, que é non estaban incluídas nin no proxecto aprobado pola Consellería de Vivenda nin no modificado, carencias que xa foron subsanadas.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: