A CONSELLEIRA DE TRABALLO E A FEGAMP MANTERÁN MAÑÁ UNHA XUNTANZA PARA ABORDAR NOVOS CRITERIOS DE REPARTO NAS AXUDAS AOS CONCELLOS

eatriz Mato e Carlos Fernández abordarán, por unha banda, a elaboración do futuro decreto que establecerá criterios para o reparto dos Plans de Cooperación

  • Na orde de día da xuntanza tamén figura a situación da tramitación do decreto dos servizos sociais comunitarios que substituirá á actual orde do Plan Concertado
  • O obxectivo destas actuacións nas que está a traballar o Goberno galego é axilizar o pago das axudas aos concellos de Galicia e, así, dotalos dunha maior estabilidade económica    A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Carlos Fernández, manterán mañá unha xuntanza na que abordarán os criterios do reparto das axudas que reciben os concellos tanto en materia social como laboral.
    Así, Mato e Fernández tratarán sobre a elaboración do futuro decreto que establecerá novos criterios para o reparto dos Plans de Cooperación. Estas subvencións que outorga a Xunta permiten cada ano aos concellos a contratación de traballadores e traballadoras desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social, así como a contratación de axentes de emprego e/ou unidades de apoio. Na orde de día da xuntanza tamén figura a situación da tramitación do decreto dos servizos socias comunitarios que substituirá á actual orde do Plan Concertado. Este programa ten por obxecto axudar aos concellos para manter os servizos sociais dos que se encargan. En concreto, o financiamento destínase a: gastos correntes de retribución do persoal municipal que desenvolve os servizos sociais; gastos derivados da prestación do servizo municipal de axuda no fogar (tanto para persoas valoradas como dependentes, como para outras situacións de necesidade); e gastos derivados da xestión e execución doutros programas sociais, como pode ser o de desenvolvemento do pobo xitano. O obxectivo destas medidas que está a tramitar o Goberno galego é axilizar o pago das axudas aos concellos de Galicia e dotar dunha maior estabilidade económica aos municipios.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: