Concello de Vigo


O Concello reclama 35.000 euros a Facenda polo céntimo sanitario anulado por Europa

O alcalde informou hoxe mércores da reclamación efectuada polo Concello de Vigo ante o Ministerio de Facenda, correspondente ao gasóleo consumido entre os anos 2010 e 2012, unha vez que a xustiza europea invalidou o chamado céntimo sanitario. Os técnicos municipais estimaron a devolución en 35.000 euros, máis os xuros de demora, por máis dun millón de litros de gasóleo adquirido nos tres anos.

 


Caballero di que feiras como SICO demostran que «Vigo quere manter o pulso e saltar por riba da crise»

O recinto feiral de Vigo albergará entre o 5 e o 8 de xuño a décima edición so Salón da Construcción de Galicia 2014. Durante a presentación, que congregará a máis de 300 firmas e 15.000 visitantes, o alcalde referiuse a este evento como una mostra de que en Vigo «queremos manter o pulso e amosar gañas e ímpetu para saltar por riba da crise».

 


O alcalde eloxia a proposta de ocio educativo e divulgación científica de Phanomenta

Caballero participou este mércores na presentación de Phanomenta, desde hoxe e ata o 3 de maio no Centro Comercial Gran Vía. Esta mostra educativa, que chega a Vigo despois de pasar por 100 centros de toda Europa, invita ao público a interactuar con 13 actividades e comprobar o funcionamento das leis físicas da naturaza.

 


O Concello apoia os XVIII Xogos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade

O concelleiro de Deportes, Manel Fernández, animou a todo Vigo a achegarse o próximo sábado ás Travesas para disfrutar dos XVIII Xogtos Olímpicos de baloncesto para persoas con discapacidade. Unha xornada deportiva, organizada por Special Olympics Galicia e FADEMGA FEAPS Galicia, e promovidos pola Asociación SAN FRANCISCO, de Vigo, que reunirá a máis de 300 deportistas.

 


O MARCO participa nunha experiencia de BOOKCROSSING xunto con 48 museos e centros de arte

Este mércores, 23 de abril, 48 bibliotecas de museos e centros de arte e cultura inundarán as cidades de libros con motivo da celebración do Día Internacional do Libro. Estes centros únense nunha experiencia de Bookcrossing na que liberarán máis de 2.500 volumes relacionados con diferentes disciplinas. O MARCO únese, un ano máis, a esta experiencia e liberará un total de 80 catálogos en distintos puntos da cidade de Vigo, nunha iniciativa promovida pola Biblioteca-Centro de Documentación do Museo. A solta de libros iniciarase ás 11.00 da mañá fronte á fachada principal na rúa Príncipe.

 

Entrega do II Premio de Microrrelatos «Mulleres Progresistas»

A entrega do II Premio de Microrrelatos «Mulleres Progresistas» será este mércores, 23 de abril, ás 17:30 horas na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (Av. García Barbón, 5). É un acto aberto ao público e no que se contará coa presenza da Concelleira de Igualdade, Isaura Abelaira Rodríguez.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: