A XUNTA DE GALICIA ABORDA NOVAS VÍAS DE COLABORACIÓN NO EIDO SOCIAL NOS CONCELLOS DE O BOLO E CAMBADOS

  • O titular da carteira autonómica de Política Social trata co rexedor de O Bolo, Manuel Corzo Macías, o incremento da atención a persoas dependentes a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que subiu 70 horas este ano até chegar ás 781 horas
  • Rey Varela e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal Roma, abordan o remate das obras do centro de día desta localidade pontevedresa, que ofertará 40 novas prazas públicas.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de Cambados, F‡tima Abal Roma.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, manter‡ un encontro coa alcaldesa de Cambados, F‡tima Abal Roma.

  • O conselleiro insistiu na necesidade de “xuntar esforzos e optimizar recursos, como o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”

 

Santiago, 7 de decembro de 2015.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, estudou novas vías de colaboración co alcalde e alcaldesa dos municipios de O Bolo e Cambados, Manuel Corzo Macías e Fátima Abal Roma, respectivamente, cos que se entrevistou esta mañá no seu despacho de San Caetano. Estas entrevistas enmárcanse na rolda de contactos que Rey Varela está a manter cos rexedores dos concellos de Galicia coa finalidade de coñecer de primeira man as necesidades e a situación dos servizos e atencións sociais en cada un deles; así como de expoñer as liñas estratéxicas que guiarán a actuación da Consellería de Política Social ao longo do vindeiro ano.

 

Así, o titular da carteira autonómica de Política Social abordou co primeiro edil de O Bolo a mellora nos servizos de atención ás persoas que teñen recoñecido algún grao de dependencia a través do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que este ano ano se incrementou en 70 horas até chegar a un total de 781 horas. Ademais, cómpre lembrar que este municipio de Ourense conta cunha residencia de iniciativa social con 54 prazas, das cales 13 son financiadas con fondos públicos.

 

No que atinxe á xuntanza coa rexedora de Cambados, Fátima Abal Roma, un dos asuntos que abordaron ambos dirixente foi a construción do centro de día desta localidade pontevedresa. A Xunta de Galicia investiu 800.000 euros nesta nova infraestrutura social que dispón de 40 prazas públicas e que está practicamente rematado a falta de que se complete o seu equipamento e se formalice a súa adhesión ao Consorcio por parte do Concello. Nesta liña, ambas Administracións acordaron a folla de ruta para a apertura desta importante infraestrutura social ao longo de 2016.

 

Diálogo aberto e permanente cos concellos

Rey Varela insistiu, tras manter estes dous encontros, na necesidade de “xuntar esforzos e optimizar recursos, como o único xeito de garantir unhas verdadeiras políticas sociais que redunden na mellora do benestar dos galegos e galegas, especialmente daqueles máis desfavorecidos ou que necesitan dun apoio especial por parte das administracións”. Neste sentido, o conselleiro avogou por intensificar a colaboración cos entes locais posto que “os servizos sociais non son nin da Xunta nin dos concellos, senón que son de todos os galegos e galegas”.

 

Precisamente, mellorar a coordinación coas administracións locais no desenvolvemento de políticas sociais é un dos eixes estratéxicos da Consellería, que nos seus orzamentos de 2016 multiplica por dous a orde destinada aos concellos, chegando esta aos 3,4 millóns de euros fronte aos 1,7 millóns deste ano.

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: