Andaina dos Sentidos para familias de O Porriño, Mos e Salceda

andainaO Servizo de Prevención do Concello do Porriño organiza o vindeiro día 16 a ‘Andaina dos Sentidos’ que transitará por unha senda de 7 quilómetros e na que poderán participar familias non so do Porriño, senón tamén de Mos e de Salceda de Caselas.

O percorrido, que terá cinco paradas sorpresas, ten coma obxectivo propoñer unha xornada de ocio saudable, en  compañía, en contacto coa natureza e facendo traballar aos sentidos, de xeito individual e conxuntamente.

Haberá saídas de autobús dende O Porriño, na rúa Domingo Bueno á altura da Biblioteca, en Mos, dende o Edificio de Urbanismo, e en Salceda, na Devesa, dende ás 10 e meda da mañá. O día anterior da actividade, o persoal do Servizo de Prevención chamará a cada unha das familias participantes na andaina para concretar a hora exacta do paso do autocar pola súa localidade.

Os interesados en participar na mesma poden anotarse chamando ao teléfono 679 151 574. Dende o Concello lémbrase que o número de prazas é limitado.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: