LÓPEZ-CHAVES RECORDA AO ALCALDE DE GONDOMAR QUE PERDEU A SUBVENCIÓN POR INCUMPRIR OS PRAZOS

  • O delegado territorial da Xunta na área de Vigo responde ao anuncio do Goberno local de recorrer a xustiza tras quedar sen unha axuda de 65.000 euros

 

Vigo, 29 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, entende que o recurso contencioso administrativo anunciado onte polo Concello de Gondomar contra a Xunta, á que o Goberno local atribúe a perda dunha subvención de 65.000 euros, “ten pouco recorrido”. Segundo explicou, o rexidor “sabe que non fixo as cousas ben e agora pretende cargarnos coa culpa dos seus erros”.

 

López-Chaves non oculta a súa estrañeza de que o alcalde acuda agora a xustiza cando “é consciente de que non actuou coa suficiente dilixencia”. O representante do Goberno galego na área territorial de Vigo nada máis coñecer as intencións do Concello, tras perder a axuda relacionada cunha obra xa terminada de mellora no Camiño de Cernada, no termo municipal de Vincios, interesouse polo estado do expediente vinculado a esta actuación, competencia da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural.

 

“Presentou unha factura por importe de 59.639,99 euros fóra do período de elixibilidade”, apunta o delegado territorial da Xunta en Vigo. “Por este motivo, fíxose unha perda do dereito a cobro da que o único responsable é o Concello de Gondomar”, agregou. López-Chaves lamenta a decisión do alcalde “pese a saber que non ten razón, e lonxe de asumila culpa e recoñecela súa responsabilidade, oculta o verdadeiro motivo polo que perdeu a subvención; pagar fóra do prazo esixido”. “Ao igual que os veciños deben cumprir os prazos que se lle esixen para o pago dos seus impostos, e senón saben que terán que pagar recargo, as administracións públicas están suxeitas as mesmas obrigacións”, indica o delegado.    

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: