Parada bus O Cerquido

A CONCELLERÍA DE VÍAS E OBRAS, QUE DIRIXE MANUEL CARRERA, REMATA A COLOCACIÓN DA MARQUESIÑA NA PARADA DE AUTOBÚS DE O CERQUIDO, CUMPRINDO CUNHA VELLA DEMANDA DOS VECIÑOS DE BUDIÑO

A Concellería de Vías e Obras ven de rematar a colocación da marquesiña na parada de autobús de O Cerquido, preto da conexión coa A-55, que era, como subliña o concelleiro Manuel Carrera, unha vella demanda dos veciños da parroquia de Budiño.

A mesma, coma moitos dos traballos que está a levar a diante a concellería de Vías e Obras, está rematada en ‘rosa Porriño’ e incorpora un banco de pedra.

Esta mellora é outra máis das actuacións que está a levar adiante a Concellería de Vías e Obras nos últimos meses e que abranguen, entre outras iniciativas, o remate da mellora das rúas Buenos Aires e Progreso; a nova  beirarrúa de preto de 2 quilómetros entre as parroquias de Atios e Pontellas; o adecentamento da Praza de Abastos ou as distintas  conexións á rede de saneamento de vivendas de todas as parroquias, traballos que seguen adiante en diferentes puntos do Porriño.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: