Noticias Ayuntamiento de Vigo 13-04-11 Galicia


Caballero salienta o “asfaltado masivo” que está a levar o Concello en 35 quilómetros de rúas “por todo o ámbito municipal”

Abel Caballero recordou que o goberno municipal está a levar adiante un “asfaltado masivo” de rúas por todo Vigo para o que está a investir tres millóns de euros. Este proceso, o “máis importante” feito nunca na cidade, iniciouse o pasado 24 de febreiro e o alcalde adiantou que prologarase dous meses ata a finalización das máis de 100 actuacións proxectadas. O obxectivo municipal é deixar a rede viaria viguesa “nas mellores condicións posibles”.

 


O alcalde amósase “moi satisfeito” do compromiso adquirido por Fomento ofrecendo “as datas de licitación” do AVE por Cerdedo

Abel Caballero recoñeceu este mércores ao ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso adquirido onte en Ourense de licitar o próximo ano o traxecto de AVE que unirá directamente Vigo e a capital das Burgas por Cerdedo, unha vez estean rematados os proxectos básicos que actualmente redáctanse. O alcalde amosouse “satisfeito” da garantía dada por Fomento nun “tema moi serio” como a conexión directa de Vigo a Madrid en Alta Velocidade ferroviaria.

 


Santi Domínguez di que o Racingshow, que será o 30 de abril no Ifevi, consolídase como escaparate dos pilotos galegos

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, presentou este mércores a quinta edición do Racingshow Novacaixagalicia, que se celebrará o 30 de abril no Ifevi. O nacionalista destacou que o evento reunirá a grandes figuras internacionais de rally, así como aos mellores pilotos galegos, de xeito que se consolida “como un escaparate para os nosos pilotos”. Salientou tamén que nesta quinta edición o certame fai unha rebaixa nos seus prezos, para facilitar a asistencia de todos os públicos.

 


Abel Caballero anima á cidadanía viguesa a apoiar ao Celta Indoor no encontro “clave” deste venres contra o Valladolid

O partido disputarase o próximo venres ás 20:45 horas no Pavillón das Travesas, con entradas a 3 euros, un encontro clave nas opcións dos celestes de acceder aos cuartos de final da Liga Nacional de Fútbol Indoor 2011. O alcalde e xogadores como Gudelj ou Ratkovic solicitaron o respaldo dos afeccionados nesta “importante” cita para o futuro do equipo na competición.

 


Xesus López destaca que o Festival de Música Sacra que comeza o xoves integra 16 concertos de 19 corais viguesas

O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a sexta edición do Festival Coral de Música Sacra que, do 14 ao 20 de abril, terá lugar en distintos espazos da cidade. Xesus López destacou que nestas datas próximas á Semana Santa terán lugar un total de 16 concertos interpretados por 19 corais de Vigo. A primeira das actuacións programadas será este xoves ás 19.45 horas na igrexa da Soledad no Castro, a cargo do Coro Clásico de Vigo.

 



Mary Wollstonecraft

Continúa o ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista “Mulleres con historia”

O xoves 14 terá lugar unha nova conferencia do Ciclo de Charlas programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 h. a profesora Mª Jesús Lorenzo Modia falará sobre “Mary Wollstonecraft” escritora inglesa (1759-1797) e unha das iniciadoras do pensamento feminista.

 


Comezan os roteiros polo Vigo mariñeiro

A Concellería de Xuventude organiza os días 14 e 28 de abril e 5 de maio diferentes roteiros polo Vigo mariñeiro, co obxectivo de dar a coñecer á mocidade a relación da cidade co mar.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: