Noticias Ayuntamiento de Vigo 28-11-11
O Pleno aproba destinar 1,9 millóns de euros ao pago da sentenza urbanística de Nebrija![]() O goberno local sacou este luns adiante a modificación de crédito para adicar 1,9 millóns de euros -orzamentados este ano polo Concello para o primeiro pago das expropiacións da depuradora- á abonar a sentenza urbanística de Nebrija, ámbito ilegalizado polos xulgados. Os socialistas aceptaron a enmenda nacionalista de desvincular esta decisión á prórroga de Aqualia e ambos grupos aprobaron o acordo coa oposición do Partido Popular. |
PSOE e BNG instan á Xunta a rectificar os recortes de finanzamento no Plan Concertado![]() Os votos de socialistas e nacionalistas deron luz verde a sendas mocións que coincidiron hoxe luns ao reclamarlle á Xunta de Galicia a rectificar, a través das medidas urxentes necesarias, os recortes implantados polo Goberno galego no Plan concertado e garantir, a lo menos, a cobertura orzamentaria de 2009. |
A Corporación acorda por unanimidade elaborar un plan director para as zonas verdes da cidade![]() Os tres grupos políticos aprobaron no Pleno deste luns a moción popular de elaborar un plan director para a conservación dos parques, espazos libres e zonas verdes da cidade. O Pleno tamén acordou habilitar un sistema identificador dos vehículos de asistencia a domicilio e dos profesionais sanitarios e aprobar o regulamento de Participación Cidadá e medidas de apoio ás asociacións veciñais. |
Concerto de Pablo de Naverán e Alexander Kandelaki na homenaxe do bicentenario Franz Liszt (1811-1886) |
Presentación do libro «Hacia una nueva política sexual: las mujeres ante la reacción patriarcal de Rosa Cobo |
Pechada ao tráfico a rúa CATABOI![]() Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de gas, a realizar pola empresa GAS GALICIA, estará pechada ao tráfico a rúa CATABOI, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 29 de novembro de 2011 ás 10:00 horas e por un período aproximado dunha semana. |