Archive | noviembre 12, 2011

TRABALLO PON EN MARCHA UNHA REDE SOCIAL EN FACEBOOK E TUENTI PARA PROMOVER A CULTURA EMPRENDEDORA A TRAVÉS DO COOPERATIVISMO

  • Anímate a emprender, Cooperativízate!’ acadou en catro meses de funcionamento máis dun millar de seguidores e 110.000 visualizacións
  • A rede en galego está operativa todos os días do ano e ao servizo das máis de 1.100 cooperativas que existen en Galicia
  • A iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar ofrece información sobre as últimas novidades, cursos, xornadas e eventos relacionados co cooperativismo e o emprendemento
  • Nas páxinas web pódese atopar unha asesora virtual que sirve de axuda para procedementos relacionados coa posta en marcha dunha cooperativa

Santiago, 11 de novembro de 2011.- A rede social ‘Anímate a emprender. Cooperativízate’ posta en marcha este verán pola Consellería de Traballo e Benestar conta en catro meses con máis dun millar de seguidores e alcanzou 110.000 visualizacións.

A iniciativa, que está presente en Facebook (http://www.facebook.com/cooperativizate ), e na rede da mocidade Tuenti (http://www.tuenti.com/cooperativizate), ten por obxectivo promover a cultura emprendedora a través do cooperativismo e as novas tecnoloxías. Trátase dunha rede en galego, operativa todos os días do ano e ao servizo das máis de 1.100 cooperativas presentes en Galicia. En Facebook, xa se acadaron as 110.000 visualizacións e os seiscentos comentarios, mentres que Tuenti vai á cabeza en número de seguidore

Na rede, ademais de darse a coñecer e promover as sociedades cooperativas de Galicia, tamén se informa sobre as últimas novidades, cursos, xornadas ou eventos relacionados co cooperativismo e o emprendemento. Son os casos do Día do Cooperativismo, a nova Lei de Cooperativas, o proxecto I+Coopera, a Plataforma de Teleformación do Consello Galego de Cooperativas ou as distintas actividades encadradas na Rede Eusumo.

‘Anímate a emprender, Cooperativízate!’ ten como finalidade facer unha chamada ao emprendemento e ao traballo en equipo, e máis no actual contexto de desemprego, aínda que tamén constitúe unha canle ao servizo das máis de 1.100 cooperativas existentes na Comunidade galega. A propia dinámica da rede social salienta algúns dos valores máis senlleiros do cooperativismo, caso da participación, a transparencia, a opinión aberta e a igualdade democrática.

A rede social conta cunha páxina de benvida con ligazóns ao manual de autoemprego e cooperativismo, ao mapa do cooperativismo en Galicia e tamén ás portadas das webs de O Cooperativismo no Ensino, o Consello Galego de Cooperativas ou a Rede Eusumo.

Tamén conta cunha asesora virtual para procedementos relacionados coa posta en marcha dunha cooperativa. O Facebook, ademais, contén pestanas con fotografías, vídeos e próximos eventos.

 

A NOVA LEI DE PROTECCIÓN ÁS PERSOAS CONSUMIDORAS DA XUNTA FAVORECE A CONSTRUCIÓN DUN MERCADO MAIS TRANSPARENTE

A directora xeral de Comercio da Conselleria de Economía e Industria participou hoxe no Seminario Internacional de Dereito de Consumo da USC sobre “As Cláusulas Abusivas na Contratación cos Consumidores”

.A Directora falou do anteproxecto de Lei de Protección das Persoas Consumidoras e Usuarias que foi aprobado onte no Consello da Xunta de Galicia

A norma será eficaz na protección dos dereitos e intereses lexítimos dos consumidores, xa que conta cun réxime sancionador propio, unha mellora efectiva dos procesos de reclamación a prol dos consumidores, un incremento do esforzo pola seguridade no consumo ademais de apostar pola transparencia dos mercados

STOCKAXE 2011 abre mañana sus puertas con XX firmas expositoras para ofrecer los mejores precios a los visitantes

La presencia de comerciantes interesados en mostrar sus productos se incremento un 20% en estos últimos días

La organización amplia los servicios para los más pequeños dotando de más metros la guardería e incrementando el número de actividades

Vigo, 11 de noviembre de 2011.- Mañana abre sus puertas la cuarta edición de Stockaxe, la Feria de Liquidación de Stocks de Vigo, y en los últimos días la actividad del departamento comercial ha sido importante. Así, la presencia de comerciantes interesados en dar salida a sus productos en stock se ha incrementado un 20%. Con estas últimas incorpotaciones serán un total de 60 firmas las que finalmente estén presentes en esta nueva edición de las “rebajas de las rebajas”, según describe el director gerente de Muestralo Javier Arnau.

Así, entre los nuevos expositores tenemos muebles, ópticas o alimentación y conservas, a dónde también a llegado la moda del outlet.

La organización por superar la cifra de los 25.000 visitantes. Además, se anima a todo el mundo a subir a Ifevi, una apuesta segura en caso de mala climatología.

Y es que, para facilitar las compras el horario de Stockaxe será de 10 a 21 horas sin descanso, y se contará con el aparcamiento de Ifevi y la nueva ampliación del aeropuerto. Y para hacer más cómoda la compra de los padres, el servicio de guardería atenderá a los más pequeños con juegos, maquillaje o globoflexía. En 2010 disfrutaron de este servicio más de 2.000 niños

Precio de las entradas 1€: Con el fin de animar a todos los vigueses, la feria tiene un precio simbólico de 1 euro.

Sigue el evento al minuto en la red

La organización recuerda que Stockaxe tiene un perfil abierto en Facebook para que los expositores mantengan un contacto directo con los visitantes, así como la posibilidad de estos últimos de contarnos su experiencia de este año.