Archive | noviembre 30, 2011

Noticias Ayuntamiento de Vigo 30-11-11


O alcalde destaca que a Pinacoteca Municipal «enriquece a paisaxe cultural e museística de Vigo»

Abel Caballero, acompañado por concelleiros do goberno local, visitaron hoxe mércores a Pinacoteca Municipal na súa reapertura tras realizarse reparacións menores no edificio. O alcalde eloxiou esta dotación como «potenciador da cultura pictórica de Galicia e para o mundo» e apuntou un «segundo mérito importante» ao formar parte da recuperación do Casco Vello. A Pinacoteca permanecerá aberta en horario de mañá e tarde.

 


Caballero ubica na Casa do Pescador o albergue permantente e definitivo de Vigo, con 50 camas

Unha Xunta de Goberno Local extraordinaria deu luz verde esta mércores a recepción a cesión de uso da Casa do Pescador para albergue público municipal. O rexedor avanzou que o centro terá 50 camas, un 40% máis das previstas e agradeceu ao Patronato «as facilidades, a celeridade e a cesión gratuíta do inmoble».

 


Caballero mantén unha reunión cos tres sindicatos para «compartir visións» da cidade

O alcalde de Vigo e os representantes comarcais de UGT, CCOO e CIG mantiveron este mércores unha reunión para «pasar revisión á situación da cidade, do seu panorama económico e das dificultades que hai pola crise». Caballero revelou que estas entrevistas celébranse periódicamente para «compartir visións e cambiar opinións», e explicou que «temos unha magnífica relación coas tres centrais sindicais e queremos que siga a ser así».

 


Amelia Vázquez-Palacios amosa na Alcaldía o seu talento e paixón pictórica

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este mércores unha nova edición de Mostrarte, a iniciativa municipal que leva as obras de artistas vigueses ou vinculados á cidade aos espazos da Alcaldía do Concello de Vigo. Amelia Vázquez-Palacios, pese á súa xuventude, transmite en cada un dos seus traballos a súa paixón e calidade artística, converténdoa nun importante valor de futuro.

 


Taller de horta urbana

A Concellería de Xuventude abre o prazo para a inscrición do obradoiro de horta urbana ecolóxica destinado á mocidade de Vigo ata os 35 anos de idade e con interese neste tema. O obradoiro realizarase nos exteriores da Casa da Xuventude e ten co fin sensilibilizar en materia ambiental e de sustentabilidade.

 


Actividades en torno o Día Mundial contra a SIDA

Con motivo do día mundial contra a SIDA o museo MARCO organiza os días 1 e 2 de decembro diversas actividades en colaboración con entidades, asociacións e ONG. En 1998, a Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o 1 de decembro como Día Mundial da SIDA. Dende entón, coincidindo con esta data, persoas de todo o mundo xuntan esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia.

EL CONCELLO DO PORRIÑO ORGANIZA UNA MUESTRA DE ONGS y servicios sociales públicos

La plaza Arquitecto Antonio Palacios acogerá stands informativos de organizaciones sociales con oficina en Porriño, como la Asociación Española contra el Cáncer, Afaga, Aceesca o SOS Porriño, estando presentes también los diferentes servicios anexos a la Administración local como el CIM  y la Unidad Asistencial de Drogodependencia, entre otros

La muestra se desarrollará el sábado 3 y domingo 4 de diciembre de 11.00 a 14.00 horas. Las personas al frente de los stands informarán de la oferta, funciones y objetivos de cada uno de estos servicios dirigidos a mejorar o mantener la calidad de vida de las personas


Fender Day en Backstage Guitars

Celebración na Fabrica de Chocolate Vigo

THE XX, DEATH CAB FOR CUTIE, SPIRITUALIZED… A OPTIMUS PRIMAVERA SOUND O PORTO 2012

page1image496.png

Los americanos Death Cab For Cutie, uno de los grupos más demandados por el público de nuestro país, los británicos The XX presentando su esperado segundo disco, el grupo liderado por Jason Pierce Spiritualized con nuevo trabajo en el bolsillo, el rock instrumental de la banda The Dirty Three liderada por Warren Ellis y Beach House, banda que hemos visto crecer en el festival, son algunas de las incorporaciones al cartel las dos ediciones de Primavera Sound 2012 en Barcelona y Oporto. Leer más…

O PROGRAMA “EMPREGATEX” PERMITIU A ORIENTACIÓN LABORAL DE MÁIS DE 500 PERSOAS E A INSERCIÓN LABORAL DUN TOTAL DE 160

  • O director xeral de Relacións Laborais, Odilo Martiñá, deu conta hoxe en comisión parlamentaria deste programa destinado ás persoas desempregadas do sector téxtil
  • Por outra banda, máis de 400 persoas beneficiáronse das distintas accións de formación que se desenvolveron
  • Trátase do primeiro proxecto consensuado no seo do diálogo social de Galicia Leer más…

O DIRECTOR XERAL DE XUVENTUDE DESTACA A IMPORTANCIA DO RECOÑECEMENTO AOS VOLUNTARIOS E DAS ENTIDADE

  • ovidio_confreso_002.jpg O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participaron hoxe nunha mesa de debate sobre ‘Repensando o voluntariado para a sociedade do século XXI’
  • Rodeiro sinalou que a aplicación da Lei Galega de Acción Voluntaria servirá para profundizar no coñecemento da realidade do voluntariado
  • Villanueva resaltou a importancia do traballo dos voluntarios de protección civil galegos ao longo dos moitos anos da súa existencia
  • Sete especialistas analizaron os camiños que pode seguir o voluntariado nos vindeiros anos Leer más…

O PROXECTO EUROPEO GE2C´S LIDERADO POR ECONOMÍA E INDUSTRIA PROMOVERÁ A INSTALACIÓN DE DÚAS PLANTAS DE COXERACIÓN EN GALICIA E NORTE DE PORTUGAL

301111Ourense2.jpg

A iniciativa, que presentou hoxe en Ourense o director do Inega, Eliseo Diéguez, fomenta o aforro e a eficiencia enerxética no sector servizos na Eurorrexión

§  A elaboración dunha guía sobre a situación enerxética do sector, así como o desenvolvemento de varios plans de mellora en pequenas e medianas empresas están incluídas tamén no proxecto

§  Unha ferramenta ‘on line’ permitirá visualizar os consumos enerxéticos, os comportamentos dos usuarios e as medidas de aforro logradas

MAR COORDINA OS CINCO PORTOS ESTATAIS E O ENTE PORTOS DE GALICIA CO FIN DE ASENTAR E EXPANDIR O TRÁFICO DE MERCADORÍAS DESDE OS PEIRAOS GALEGOS

A conselleira do Mar clausurou na Coruña as primeiras xornadas sobre graneis líquidos Loxística Óptima de Hidrocarburos: nos niveis estratéxico, táctico e operacional

  • Rosa Quintana enxalzou a capacidade loxística acreditada que posúe o porto coruñés en materia de hidrocarburos

A Coruña, 30 de novembro de 2011.- A Consellería do Mar está traballando activamente para coordinar e desenvolver accións conxuntas entre as cinco entidades portuarias de titularidade estatal e o ente público Portos de Galicia, co fin de asentar e expandir o transporte de mercadorías desde os peiraos galegos. Díxoo a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a clausura das primeiras xornadas sobre graneis líquidos Loxística Óptima de Hidrocarburos, celebradas na Coruña, onde a titular de Mar enxalzou a capacidade loxística acreditada que posúe o porto da Coruña en materia de hidrocarburos, e que se poderá expandir coa entrada en servizo da dársena de Punta Langosteira. Leer más…

GALICIA Y EL NORTE DE PORTUGAL, UNIDOS POR EL DEPORTE

Hoy se ha celebrado la entrega de trofeos de los XXV Juegos Galaico-Durienses en el Nuevo Pabellón Deportivo Municipal de Tui

Equipos de las seis universidades  públicas de Galicia y el Norte de Portugal han participado en esta edición impulsada por la GNP-AECT Leer más…