A Fundación Novacaixagalicia presenta a aplaudida obra de monicreques O galo dos cataventos
A Fundación Novacaixagalicia presenta en Vigo, desde o 19 ao 30 de maio, O galo dos cataventos, unha obra que foi merecedora do Premio FETEN ao mellor espectáculo de 2013 e mais á mellor interpretación feminina. O bo quefacer das dúas actrices conseguirá que os preto de 7000 nenos e nenas, procedentes de 100 escolas, que van asistir ás funcións, teñan a lembranza dun espectáculo inesquecible. As funcións terán lugar ás 10.00 e ás 12.00 h no Centro Cultural da fundación galega na cidade viguesa, localizado en Policarpo Sanz, 13.