EDITORIAL GALAXIA ANUNCIA A PUBLICACIÓN DE DÍAS DE CUBA,

Dias de cubaDentro da colección Memoria o autor relembra os 31 anos que viviu na illa caribeña

Estes días chega ás librerías de todo o país o novo libro de Xosé Neira Vilas, titulado ‘Días de Cuba’ que a Editorial Galaxia publica na súa colección ‘Memoria’.

‘Días de Cuba’ é unha minuciosa memoria persoal que nos traslada a un país que vive unha singular experiencia no seu devir; unha illa da América hispana moi querida por todos os galegos.

Cincuenta anos despois da súa primeira chegada á illa, Xosé Neira Vilas volve a aqueles Días de Cuba desde a lembranza. Viaxaba entón na compaña de Anisia Miranda. Neste libro, que publica Editorial Galaxia, o autor de ‘Memorias dun neno labrego’ evoca aquel «fervoroso tramo» da súa existencia.

De 1961 a 1992, Xosé Neira Vilas reside en Cuba. Trinta e un anos vividos día a día, intensamente, procurando achegar o seu modesto gran de area ao erguemento dunha nova sociedade e á construción dun novo Estado, dúas empresas que nas circunstancias históricas e incluso xeográficas daquela illa só podían levarse a cabo con moito fervor e tenacidade. Nestas páxinas, as lembranzas cubanas artéllanse arredor de catro eixos.
O primeiro destes eixos narrativos está dedicado aos diferentes labores profesionais desenvolvidos polo escritor; desde alfabetizador e xornalista a tradutor e sindicalista, de miliciano a alumno e mestre. O segundo ordena o relato destas lembranzas polas súas relacións de amizade con, entre outros, escritores coma Nicolás Guillén, Alejo Carpentier e Roberto Fernández Retamar.

O terceiro foco artéllase a partir das «Cartas (máis ou menos intemporais) a Luís Seoane», mentres que o cuarto dá paso aos «Homes na Historia»: José Martí, Ernesto Che Guevara e Fidel Castro. Péchase o libro cos apartados de «agradecemento a Cuba» e cos discursos do escritor na Universidade da Habana e na de Santiago de Compostela, o primeiro con motivo do seu doutoramento Honoris Causa e este último no acto da súa condecoración coa medalla Alejo Carpentier da República de Cuba.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: