A CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE ADXUDICA POR MÁIS DE 268.000 EUROS AS OBRAS DE MELLORA DA CURVA DA COSTA DA MORTE, EN MOS

clip_image002 Esta actuación mellorará a intersección de acceso a Sequeiros, na PO-331, que se atopa situada no punto quilométrico 3+500 da estrada que comunica Torneiros e Gondomar
 Estes traballos incrementan a seguridade viaria nesta estrada, ao definir carrís que faciliten aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito máis ordenado

Santiago, 31 de outubro de 2014.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas adxudicou por máis de 268.000 euros as obras de mellora da denominada curva da Costa da Morte, na estrada O Porriño-Gondomar (PO-331), no concello pontevedrés de Mos.

A empresa Covsa executará esta actuación co obxecto de mellorar a seguridade nos movementos nesta zona.

Actualmente o acceso ao núcleo de Sequeiros dende a PO-331 presenta unha reducida visibilidade, tanto para os xiros de saída da citada estrada cara á vía local pola que se accede a esta localidade, coma na incorporación á estrada autonómica.

Por outra parte, neste punto atópase a coñecida Fonte de Atín, utilizada por numerosos veciños, que dispón na fronte dunha pequena explanada. É frecuente que os veciños fagan cambios de sentido nese punto, a pesar da súa reducida visibilidade e radio de xiro, o que pode xerar situacións de risco.

A estrada nese punto rexistra notables intensidades de tráfico (superiores aos 6.000 veh/día), polo que se decidiu intervir incorporando un carril central de espera e unha semiglorieta que permita o cambio de sentido, mellorando a visibilidade na intersección e habilitando un punto axeitado para permitir os xiros en condicións de seguridade.

Para isto, o acondicionamento de intersección da estrada PO-331, previsto no PK 3+500 inclúe:

• Ensanche da calzada cara a marxe esquerda (lado terraplén), e execución dun muro de escollera de 134 metros de lonxitude e unha altura media de 1,75 m.
• Nova drenaxe transversal
• Alumeado

Estes traballos incrementan a seguridade viaria nesta estrada, ao definir carrís que faciliten aos máis de 15.000 veciños de Mos xiros e movementos viarios de xeito ordenado e delimitado.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: