Archive | noviembre 28, 2014

30 Noviembre Día Internacional contra la anorexia y la bulimia

El día 30 de noviembre celebramos el día internacional contra la anorexia y la bulimia. Este año 2014 hemos decidido hacerlo en forma de reivindicación y propuesta de investigación al más alto comisionado del Parlamento de Galicia para la defensa de los derechos y libertades.

Estamos ante la sociedad de la tecnología, las redes sociales y los medios de comunicación, de la velocidad, del mundo globalizado y del exceso de información donde todo está al alcance de todos. Para lo bueno y para lo malo.

Encontramos páginas que fomentan la enfermedad y otras que son páginas enfermas. Por desgracia, hemos encontrado una que refleja los dos casos. Las páginas web, chats y páginas de redes sociales que fomentan la anorexia, la bulimia y los trastornos de alimentación. Bueno, parece nada nuevo, parece lo de siempre.

Acostumbramos desde el año 1.998 en el que comenzamos nuestro trabajo a poner todo sobre la mesa, para ayudar a aquellas personas y sus familias que necesitan ayuda y que acuden a tratamiento. Pero no nos centramos en las personas y sus familias, sino que intentamos ir más allá y de ahí nuestro grito para este día.

Buceando en cualquiera de estos espacios virtuales con detenimiento, descubrimos que en cada una de ellas, que en un principio creímos que había alguien muy enfermo detrás, aparecían diferentes productos adelgazantes en los links más llamativos. O la oferta de algo relcionado con el perfil al que están enfocadas estos espacios y por el a través de lo que se hace negocio. Son páginas de compra-venta.

Adjuntamos ejemplos de las páginas y los productos que ofrecen, algunos sin ocultarse bajo un link aparecen en la página principal.

Candidaturas Bolsa de Excelencia Artística

Un total de 43 candidatas e candidatos compiten para a Bolsa de Excelencia Artística que a Fundación Galicia Obra Social (Afundación) desenvolve en colaboración con ABANCA Obra Social e Carlos Núñez. A promoción da arte, en calquera das súas manifestacións, e o interese por apoiar os novos valores culturais de Galicia conduciron a crear unha sinerxía para buscar unha persoa bolseira, seleccionada polo músico vigués e a súa banda, para acompañalos na súa xira de febreiro e marzo de 2015 por Estados Unidos, que rematará en Washington no día de Saint Patrick. 

 

Concello do Porriño

LOS ESCOLARES DE PORRIÑO ELABORAN JUNTOS UN  BELÉN CON MATERIAL RECICLADO

Los cursos de 3º de Infantil hasta 6º de Primaria de los Centros Públicos y Concertados de nuestra localidad, así como los alumnos del Centro de Educación Especial (ACEESCA) fabricarán las figuras de este nacimiento, que estará expuesto al público en la Plaza Arquitecto Antonio Palacios, desde el 18 de diciembre, al 7 de enero del próximo año.

200 VOLUNTARIOS PARTICIPAN EN PORRIÑO EN UNA JORNADA DE DEPORTE ADAPTADO Y DISCAPACIDAD

La Fundación Deporte Integra en colaboración con el Concello de Porriño organizan esta Olimpiada de la integración en la que,  a través de una serie de pruebas atléticas adaptadas a los niveles de todos los usuarios, los más de 200 participantes esperan poder demostrar al público sus logros deportivos La Olimpiada se ha celebrado en siete ciudades de toda España, con más de mil voluntarios de las empresas Orange y Bosch

Ya se pueden consultar esta y otras noticias en la web www.concellodoporrino.net

 

‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ en Afundación en Vigo

A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acollerá desde o luns 1 de decembro ata o venres 5, ambos incluídos, no Centro Cultural da entidade en Vigo, con funcións ás 10.00 e ás 12.00 h, a representación da obra Antía, Wamba e o regato pequeno por parte da compañía A tropa de trapo. Un total de 4372 escolares de Vigo e arredores teñen a súa reserva realizada para asistiren a este espectáculo. 

 

ACCIONA Y LA ESCUELA SUR CREAN LA CÁTEDRA ACCIONA, UNA NUEVA CITA CULTURAL MENSUAL EN MADRID

unnamedAcciona se une como Empresa Asociada a SUR. Escuela de Profesiones Artísticas, fundada por Círculo de Bellas Artes y La Fábrica, contribuyendo al programa con becas, conferencias magistrales y actividades de acercamiento de la escuela a las empresas

SUR presenta la Cátedra Acciona, un programa mensual de conferencias magistrales a cargo de creadores y profesionales de gran prestigio internacional, con clases reservadas a los alumnos de SUR y conferencias abiertas al público

El pensador Fredric Jameson inaugura la Cátedra Acciona el próximo martes 2 de diciembre a las 19.30h con la conferencia Globalización y Literatura, con la colaboración de la UNED

En el mismo acto, Jameson recibirá la Medalla de Oro del Círculo de Bellas Artes, que reconoce a creadores e intelectuales cuya obra ha contribuido decisivamente a la renovación de las artes y la cultura contemporáneas

Participarán en el mismo el Presidente del Círculo de Bellas Artes, Juan Miguel Hernández León; el Director General de Imagen Corporativa y Marketing Global de ACCIONA, Pío Cabanillas; Alberto Anaut, Presidente de La Fábrica; y Ramón del Castillo, en representación de la UNED

CONCERTO PRESENTACIÓN LUCECÚS

folla voandeira lucecuspresentación de LUCECÚS, con PIRILAMPO, en Vigo.

A CONSELLEIRA DE TRABALLO RECIBE AOS GAÑADORES DO PROGRAMA YUZZ DE VIGO E SANTIAGO ANTES DA SÚA ESTADÍA EN SILICON VALLEY

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, eloxiou a súa “capacidade de emprendemento” e os seus traballos “innovadores”
 Un dos proxectos premiados consiste nunha pulseira electrónica para coidar persoas da terceira idade; mentres que o outro é unha tecnoloxía de localización de smartphones para coñecer a posición dun teléfono nun espazo pechado
 Un total de 40 mozos e mozas emprendedoras de Vigo e Santiago participaron nesta iniciativa, que dirixe o Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander e a colaboración da Xunta de Galicia

Santiago, 28 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibiu hoxe aos gañadores do programa Yuzz en Galicia, antes de que viaxen a Silicon Valley tras ser escollidos como os mellores traballos dos seus centros. A titular do departamento autonómico aproveitou este encontro para felicitar a estes mozos pola súa “capacidade de emprendemento” e polos seus traballos “innovadores”.

O programa Yuzz desenvolveuse en Galicia en dúas sedes, Santiago e Vigo, e nel participaron un total de 40 mozos e mozas emprendedores en total. Logo de seis meses de traballo, un xurado seleccionou o mellor proxecto de cada un destes dous centros.

No caso de Santiago, o proxecto premiado foi Situm. Trátase dunha tecnoloxía de localización de smartphones que permite coñecer a posición de calquera teléfono dentro de calquera edificio onde o GPS non funcione. Isto permite desenvolver aplicacións e servizos xeoposicionados para interiores como por exemplo: o guiado de persoas en grandes superficies, a busca de produtos e tendas en centros comerciais ou o estudo de comportamento de clientes en tenda. Deste xeito, Situm ofrece dous tipos de produtos: por unha parte, tecnoloxía de localización; e, por outra, produtos finais como aplicacións e servizos posicionados que resolven necesidades específicas en distintos sectores. Os seus autores foron Víctor Álvarez Santos e Adrián Canedo Rodríguez.

Pola súa banda, en Vigo o mellor traballo foi Lathaeus, presentado por David Rodríguez Constela e Adam Anh Kim Caramés. Consiste nunha pulseira electrónica para coidar ás persoas da terceira idade, que ten como obxectivo mellorar a súa calidade de vida e dar maior liberdade tanto a estas persoas como aos seus coidadores. As súas funcións céntranse no seguimento da ubicación do portador, na alerta mediante mensaxes ou chamadas aos familiares se este caeu ou saíu da súa zona habitual, e recordatorios da toma de medicamentos. Inclúe tamén un broche coa mensaxe “se mes ves desorientado, pulsa o botón da miña pulseira”, para que se avise directamente aos seus familiares. A pulseira, a diferenza doutras do mercado, funciona de xeito automático en casos de accidente e é independente, ademais de ser compatible con calquera tipo de móbil actual.

Cada un destes proxectos obtivo unha praza para viaxar do 7 ao 12 de decembro a Silicon Valley, a meca da innovación mundial, xunto as outros 22 participantes máis brillantes da actual edición de Yuzz en toda España.

Durante a súa visita poderán visitar o Spain Tech Center (STC) – impulsado por Banco Santander, ICEX, e Red.es- cuxo obxectivo é facilitar a implantación de Pemes de base tecnolóxica española nun dos contornos máis dinámicos e competitivos do mundo. O seu obxectivo é acelerar o proceso de internacionalización das empresas tecnolóxicas e innovadoras.

Dotacións de ata 30.000 euros
Logo de que regresen de Silicon Valley, os gañadores deberán presentar as súas ideas ante un xurado integrado por representantes de Banco Santander, CISE, e entidades colaboradoras do programa Yuzz. Seleccionaranse os tres mellores proxectos, que recibirán unha dotación económica de 30.000, 20.000 e 10.000 euros respectivamente para que poidan desenvolverse.

O programa Yuzz está dirixido polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE), co patrocinio do Banco Santander, a través da súa división Global Santander Universidades, e a colaboración da Xunta de Galicia. Iniciouse en 2009 en Madrid e Barcelona, e actualmente chega a 24 cidades de toda España, e conta coa participación de preto de 500 mozos e mozas.

Durante os 6 meses de duración, Yuzz facilita aos seleccionados o apoio necesario para desenvolver as súas ideas: unha rede de máis de 200 expertos profesionais, formación empresarial, asesorías, titorías personalizadas, e unha plataforma de traballo colaborativo en liña, para que a súa idea poida materializarse nun proxecto empresarial.

BENESTAR APROBARÁ NAS PRÓXIMAS SEMANAS UN PROTOCOLO DE COORDINACIÓN PARA CREAR A REDE GALEGA DE ATENCIÓN TEMPERÁ

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Santiago as VI Xornadas Interdisciplinarias de Atención Temperá ‘Semente de Futuro’
 O protocolo creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais
 Mato destacou que entre os obxectivos da Rede inclúense a mellora da autonomía e calidade de vida dos menores con discapacidade e o fomento da prevención das situacións de dependencia
 A titular de Benestar avanzou que o orzamento para a atención temperá incrementarase en 2015 nun 162% achegándose aos 600.000 euros

Santiago, 28 de novembro de 2014.- A Consellería de Traballo e Benestar aprobará antes de que remate este ano un protocolo de coordinación que creará un espazo común entre os sistemas de saúde, educación e servizos sociais e permitirá a posta en marcha da Rede Galega de Atención Temperá. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha atención “integral e eficiente” aos nenos e nenas con discapacidade e ás súas familias.

Así o avanzou hoxe a titular de Benestar, Beatriz Mato, en Santiago na inauguración das VI Xornadas Interdisciplinarias de Atención Temperá ‘Semente de Futuro’, onde explicou que esta Rede terá como obxectivos principais prestar unha atención óptima aos menores e ás súas familias; avanzar na súa autonomía e calidade de vida; e fomentar a prevención das situacións de dependencia.

Esta actuación vén recollida no Decreto de Atención Temperá, que foi aprobado hai un ano polo Consello da Xunta e, polo que se constituíu o Consello Autonómico de Atención Temperá, un órgano adscrito aos departamentos de Sanidade, Educación e Benestar. Este Consello, á súa vez, conta co apoio dunha comisión técnica, formada por persoal das tres consellerías, cuxo principal cometido foi elaborar o protocolo de coordinación, “un feito esencial” para a atención temperá, segundo resaltou a conselleira.

Orzamento e unidades de apoio
Mato, ademais, indicou que o compromiso do Goberno galego coa atención temperá segue a ser unha prioridade e, deste xeito, avanzou que os orzamentos para 2015 recollen por primeira vez unha partida específica para este eido que crece con respecto a 2014 nun 162 por cento, achegándose aos 600.000 euros.

Así mesmo, a titular de Benestar resaltou o labor da Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) e a súa experiencia acumulada desde hai anos no eido da atención temperá. Por iso, sinalou que a Xunta colabora con esta asociación desde 2009 cando se asinou con eles un convenio de colaboración que permitiu poñer en marcha en Galicia as dúas primeiras Unidades de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar nas comarcas do Deza e do Salnés. Nestas dúas unidades, situadas en Lalín e Vilagarcía, aténdense ao ano a 250 familias galegas.

A conselleira explicou que este convenio ampliouse nos dous últimos anos, o que permitiu poñer en marcha hai tres semanas unha terceira unidade, neste caso na comarca de Bergantiños.

“Trátanse de unidades nas que se levan a cabo os programas específicos que precisan os nenos, ao tempo que dispensan orientación, asesoramento e atención psicosocial ás familias”, apuntou a conselleira.

Novo modelo de carteiras
Por último, a titular de Benestar referiuse ao novo modelo de atención social que está a poñer en marcha a Xunta, que se basea en catro carteiras de servizos diferentes: a de persoas en situación de dependencia; a de persoas con autonomía; a de familia, infancia e adolescencia; e a de inclusión social.

Estas novas ferramentas permitirán ampliar, diversificar e especializar a oferta de servizos, o que suporá que os usuarios poderán acceder a “un auténtico traxe a medida” que contribuirá a mellorar a súa atención e benestar. Deste modelo, beneficiaranse tamén os menores en situación de dependencia, xa que os servizos de atención temperá están definidos e regulados na carteira de servizos para a atención á dependencia, que xa entrou en vigor o pasado ano.

«Roedores» en Ourense

unnamedrepresentación do espectáculo familiar «Roedores» da compañía Redrum Teatro no Auditorio Municipal de Ourense, este domingo 30 de novembro ás 12.00 h.

«Roedores» é un espectáculo que trata de concienciar en valores de fomento da igualdade a través das aventuras dos seus protagonistas, o hámster Peludiño e a rata Munda. Está protagonizado polos actores Guillermo Carbajo e Sheyla Fariña, dirixido por Alex Sampayo e foi estreado cun grande éxito de público o pasado día 23 de novembro en Santiago de Compostela. 

NON queremos o barco na rotonda de Coia!

Onte comezaron os traballos para que a rotonda da avenida de Castelao en Coia acolla o barco Alfageme.coiabarco

Moitas persoas do barrio non estamos dispostas a que o goberno municipal tire os cartos (300.000 euros) en meter un barco nunha rotonda.

O barrio sofre con crueza as consecuencias da crise/estafa e o concello decide, sen consultar a ninguén, gastar os cartos nunha proposta sen sentido e carísima.

Moitas persoas do barrio estamos dispostas a organizarnos para parar uns traballos que son insulto e unha desvergoña á cidade e sobre todo ao barrio.