O STEG denuncia o «calote electoralista» da Xunta coas oposicións do ensino

O conselleiro, Xesús Vázquez, anunciou a oferta pública de emprego en sede parlamentaria sen ter falado previamente coa representación legal do profesorado

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2014.- O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino de Galiza (STEG) denuncia o «calote electoralista» da Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ao anunciar unhas oposicións «paupérrimas» a poucos días das eleccións sindicais do 4 de decembro. Ademais, o conselleiro, Xesús Vázquez, realizou o anuncio no Parlamento sen ter previamente falado coa representación legal do profesorado.
Para o STEG, anunciar unha oferta pública de 400 prazas sen concretar as especialidades que se van cubrir é «coma quen que reparte unha torta», isto é, «facer un anuncio para intentar contentar a todo o mundo, pero sen atender as necesidades reais».
O único que se coñece con certeza sobre as especialidades é que non estará a de francés, explicitamente excluída do anuncio da Consellaría. O STEG lembra que a actual listaxe está esgotada e que se están a cubrir as vacantes con profesorado de primaria con nivel acreditado B2 de francés, «que, evidentemente, non é o mesmo que ter estudado francés». O sindicato considera que este é un exemplo máis da deterioración da calidade educativa que promove a Xunta de Galiza.
Incerteza sobre os temarios
Do STEG sinalan, ademais, que existe «incerteza» sobre os temarios das oposicións. Actualmente descoñécese se estarán vixentes os da última convocatoria ou sem por mor da LOMCE, mudarán para adaptalos en certas especialidades aos novos currículos. Por iso, o sindicato esixe unha «clarificación inmediata» desta situación.
Oferta menor en primaria
Por outra parte, o STEG reproba a linguaxe utilizada pola Consellaría de Educación na súa páxina web, sinalando que a convocatoria pública na educación primaria será inferior porque as necesidades tamén son «menores». A organización sindical pregúntalle a Xesús Vázquez se realmente considera unha «necesidade menor» unha convocatoria de oposicións «como é debido» na educación primaria, con case 900 persoas interinas. «Se así o cre, non debería continuar nin un día máis como conselleiro», conclúe o sindicato.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: