ABANCA obtén o maior rating de calidade para a súa base tecnolóxica

  • A entidade financeira renova o nivel 5 de CMMI, estándar internacional que mide a madurez de desenvolvemento do software nunha organización
  • Só dúas entidades financeiras no mundo e só ABANCA en Europa contan co maior rating de calidade en tecnoloxía
  • O banco avanza no desenvolvemento dun modelo máis dixital e multicanal
20151216-abanca-certificacion-mmi5
O conselleiro delegado, Francisco Botas, recibindo a certificación CMMI5.

Descarga en alta resolución

16-12-2015

ABANCA vén de renovar o nivel 5 de CMMI (Modelo Integrado de Capacidade e Madurez, nas súas siglas en inglés), estándar internacional que mide a madurez de desenvolvemento do software nunha organización. ABANCA mantense así como a única entidade financeira europea e segunda no mundo en dispor deste nivel de certificación.

O CMMI recoñece oficialmente que o equipo de desenvolvemento da entidade financeira posúe e aplica un modelo de traballo definido, maduro e eficaz para o desenvolvemento de software, o que lle permite ofrecer un mellor servizo aos seus clientes.

A incorporación desta certificación de calidade evidencia unha decidido aposta de ABANCA polas mellores prácticas de xestión da tecnoloxía e un compromiso coa calidade. “O nivel 5 de CMMI permítenos un aforro importante de custos e dar un mellor servizo aos nosos clientes, aumentando a rapidez na tramitación de produtos e unha mellora na dispoñibilidade de canles”, sinala Francisco Botas, conselleiro delegado de ABANCA.

Entre os beneficios que achega o nivel 5 de CMMI destaca o mellor aliñamento dos procesos de desenvolvemento coa estratexia de negocio e as necesidades dos clientes. Traballar seguindo este modelo incrementa tamén a eficacia na detección de erros durante o proceso de desenvolvemento e reduce o número de defectos nos servizos ofrecidos ao cliente. O nivel 5 de CMMI, ademais, permite á entidade ter rexistros contrastados de cumprimento de prazos e traballar coa máxima calidade o que está a facilitar a ABANCA avanzar no desenvolvemento dun modelo de banca máis dixital e multicanal.

ABANCA Dixital

Nos últimos meses a entidade puxo en marcha o proxecto ‘ABANCA Dixital’, unha iniciativa coa que a entidade financeira quere axilizar os procesos para ofrecerlle ao cliente un servizo omnicanal, innovador, con altos niveis de calidade e coa posibilidade de contratar produtos e servizos sen necesidade de acudir á oficina. O obxectivo é que os clientes do banco poidan realizar, en calquera momento e en calquera lugar, todo tipo de transaccións financeiras de modo que elixan como queren xestionar e contratar os seus produtos con ABANCA, a través de oficinas, da web, do teléfono, da banca electrónica ou da banca móbil.

A través da web de ABANCA calquera pode facerse cliente da entidade a distancia e contratar produtos como a Conta online, a Hipoteca Maricarmen, tanto a tipo fixo como variable, o Préstamo 24 horas e o Préstamo 24 horas Auto. Ademais, os clientes con banca electrónica poden contratar a través deste servizo depósitos, fondos, seguros e investir en bolsa.

En http://www.abanca.com os clientes e novos clientes teñen tamén á súa disposición un catálogo completo de produtos que poden solicitar online e contratar finalmente con cita na oficina como depósitos, cartóns de débito, crédito e VIA T, seguros (vida, auto, fogar e saúde), plans de pensións, fondos de investimento e produtos para empresas. Progresivamente ABANCA irá incorporando estes produtos á contratación a distancia.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: