O NOVO PLAN ESTRATÉXICO DEFINE ENTRE AS DEZ PRIORIDADES PARA A GALICIA DE 2020 CREAR 100.000 EMPREGOS, DUPLICAR O GASTO EN I+D E CONVERXER OITO PUNTOS COA UE

12,00 h.- Alberto Núñez Feijóo comparecerá en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reunión do Consello. Na sala de prensa de Consello.
foto xoán crespo
28/01/16
O Consello da Xunta aprobou un documento froito dun amplo proceso de participación da sociedade civil, e que será remitido á Cámara para o seu debate
- No decálogo de obxectivos no eido económico figuran un crecemento do PIB anual superior ao 2,5% e reducir a taxa de paro ao 10%
- Inclúese o reto de mudar a actual tendencia demográfica e que Galicia se achegue á media europea de fillos por muller
- Tamén se fixa como meta reducir as emisións de efecto invernadoiro, que as enerxías renovables supoñan o 30% do consumo e elevar a eficiencia enerxética
- No eido social, o Plan Estratéxico prevé reducir a taxa de abandono escolar ao 13,5% e diminuír en 100.000 persoas a poboación en risco de exclusión ou pobreza
- Para acadar os obxectivos o plan inclúe catro eixes de actuación: empregabilidade, benestar e cohesión social, crecemento sustentable e sociedade da información
- O escenario financeiro ata 2020 baséase na blindaxe do gasto social, a redución do endebedamento e a solvencia de Galicia sen levar a cabo subas de impostos
- O desenvolvemento do Plan Estratéxico terá un efecto positivo no PIB de case dous puntos e producirá unha baixada da taxa de paro dun punto
- No proceso de participación do Plan interviñeron medio millar de entidades e máis de 200 expertos a través de 11 mesas temáticas, e conta co aval do comité asesor.