EDITORIAL GALAXIA PUBLICA O NOVO MARÍA FUMAÇA (XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ!)

Logo do éxito colleitado polo libro-disco MARÍA FUMAÇA, a Editorial Galaxia anuncia a publicación do novo proxecto da Familia María Fumaça, XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! (Adxúntase Imaxe da cuberta como Arquivo)

 xiqui xoque fiu fiu

Como no caso do anterior libro-disco-DVD, esta nova entrega de María Fumaça, titulada XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! (así fai o tren cando vai pola vía) aglomera ao máis nutrido da música galega arredor dun proxecto que aposta pola diferenza como un xeito de ollar mellor e máis lonxe. Desta nova volta, este proxecto musical, comandado por Uxía, conta coa colaboración de excelentes músicos coma Sérgio Tannus, Isaac Palacín, Santi Cribeiro, Héctor Lorenzo, Serginho Sales ou Magín Blanco (e con colaboradores de luxo coma Carlos Blanco ou o grupo Tanxarina), ademais de toda a familia María Fumaça. Como xa aconteceu coa primeira entrega, estamos certos de que este novo libro-disco-DVD que a Editorial Galaxia publica na Colección Sonárbore, vai ser un éxito completo e que vai encher as casas e os auditorios de nenos e de nenas dispostos a cantar as cancións e a practicar as coreografías que se ofrecen no CD e no DVD. Como no caso anterior, ademais das cancións cos seus clips correspondentes, preparáronse algúns temas con pictogramas para que tamén poidan ler aquelas nenas e nenos que teñen algunha clase de dificultade e que así ninguén quede sen gozar da música e do baile e da alegría de vivir que propón, coma sempre, María Fumaça.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: