MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo

Este venres e sábado, proxección do filme

El futuro, de Luis López Carrasco

E fin do ciclo ‘Material Memoria’

 

 

O programa de artes escénicas e cinema ‘Material Memoria’, comisariado por Pablo Fidalgo Lareo, que se desenvolveu en paralelo áexposición ‘VERANEANTES’, complétase esta fin de semana coa proxección do filme El futuro, primeira longametraxe en solitario de Luis López Carrasco, membro fundador do colectivo audiovisual Los Hijos.

 

Luis López Carrasco

El futuro

Película

España / 2013 / 67 min / cor

Venres 30 e sábado 31 de maio,

ás 19.30

 

Patio 1 (planta baixa)

ENTRADA GRATUÍTA

Prazas limitadas ata completar aforo

El-futuro-de-Luis-Lopez-Carrasco2-1024x765

 

Un grupo de rapaces bailan e beben nunha casa. A atmosfera é festiva e alegre. A vitoria do PSOE nas eleccións xerais de 1982 semella recente e a noite está contaxiada dun espírito de euforia e celebración. O intento de golpe de Estado de 1981 parece corresponder a outro tempo, coma se pertencese a un pasado que se afasta a gran velocidade. Poderiamos dicir que en España, en 1982, todo estaba por vir, todo era futuro. Non obstante, o futuro tamén parece aproximarse a enorme velocidade, como un burato negro que devora todo o que atopa ao seu paso.

Trailer http://www.youtube.com/watch?v=mpDJMuKbW7c

Textos/entrevistas

Jaime Pena. ‘Madrid era una fiesta’, en Caiman Cuadernos de Cine

https://www.caimanediciones.es/joyas-perdidas-del-cine-espanol-el-futuro-de-luis-lopez-carrasco/

Gonzalo de Pedro. ‘El futuro ya no es lo que era’. Entrevista a Luis López Carrasco

http://www.blogsandocs.com/?p=5736

Festival Internacional de Cine de Murcia. Luis López Carrasco

http://blog.ibaff.es/luis-lopez-carrasco-mi-propuesta-con-el-futuro-es-lo-contrario-a-cuentame/

José Parra. Entrevista a Luis López Carrasco

http://www.ficvaldivia.cl/2013/la-maleta/la-maleta-3/entrevista-luiz-lopez-carrasco-el-futuro-espana-2013/

 

 

luislopezcarrasco_0

Cineasta, escritor e artista visual, Luis López Carrasco (Murcia, 1981) é co-fundador do colectivo audiovisual Los hijos, dedicado ao cinema documental e experimental. O traballo do colectivo ten sido proxectado en numerosos festivais e centros de arte internacionais. O Festival Internacional de Mar del Plata, o Festival Distrital de México DF, o Festival de cine Lima Independiente, CGAI e Arteleku dedicáronlle ciclos monográficos.

A primeira longametraxe do colectivo, Los materiales, gañou o premio Jean Vigo á mellor dirección do Festival Internacional Punto de vista de Navarra 2010 e a Mención especial do Xurado de FiD Marseille 2010. El futuro é a súa primeira longametraxe en solitario.

               

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: