Leilía e Os Cempés participan no Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames

Leilía

Os días 4 e 11 de xullo, entrada de balde
Leilía e Os Cempés participan no Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames
Ames, 19 de xuño do 2014.- Esta mañá presentouse no pazo da Peregrina o Festival de Verán-Encontros Musicais de Ames, que terá lugar os días 4 e 11 de xullo nese mesmo recinto. O alcalde amiense, Santiago Amor, e a concelleira de Cultura, María Eugenia Martín, destacaron que se trata dun evento que aposta pola cultura galega e que a entrada é de balde.
Segundo os representantes municipais, o obxectivo do evento é «impulsar a nosa cultura e a nosa lingua», achegándolle á cidadanía produtos culturais de calidade en lingua galega para todos os públicos, «especialmente para a mocidade e para un público».
O festival conta co apoio de AGADIC – Cultura no Camiño 2014. Por el pasarán artistas e grupos que se expresan na nosa lingua, como Os Cempés, Leilía, Cé Orquestra Pantasma, A Requinta da Amaía, Dani García e Gonçalo Guerreiro. Todos eles farán as delicias do público cunha proposta cultural deseñada para desfrutar do verán en Ames.

Leilía fai 25 anos
Na presentación do evento tamén tomou a palabra Montse Rivera, da produtora Merlo Branco e integrante de Leilía, quen lembrou que o grupo musical a que pertence fai agora 25 anos de traxectoria artística. Para conmemorar este aniversario, Leilía interpretará no festival amiense pezas do seu último traballo musical, ConSentimento.
Pola súa parte, o mítico grupo ferrolán Os Cempés fará outro tanto levando ao escenario temas do seu máis recente disco, Tentemozo.

Programación
— Venres, 4 de xullo:
• 20 h: Cé Orquestra Pantasma. O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos.
• 21:30 h: A Requinta da Amaía. Obradoiro baseado na participación do público. Música en directo, xogos e sinxelas danzas de grupo.
• 22:30 h: Concerto dos Cempés. O mítico grupo ferrolán presenta o seu último disco, Tentemozo.

— Venres, 11 de xullo:
• 20:00 h: Dani García con Don Gelatti: comedia máxica onde a expresión corporal substitúe ás palabras e a comunicación co público é constante e dinámica.
• 21:30 h: Os sons do vento que pasa, de Gonçalo Guerreiro. Novo concepto musical: concerto de fados-¬pop cantados en galego.
• 22:30 h: Concerto de Leilía. Cando están a celebrar o seu 25 aniversario, Leilía volven sorprendernos cun espectáculo maduro e fiel ás súas raigames. Interpretarán pezas do seu último disco, ConSentimento.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: