PROGRAMACIÓN DE SINSAL OUTONO NO CONCELLO DE VIGO
SINSALAUDIO PRESENTA EN ROLDA DE PRENSA A EDICIÓN OUTONO DO FESTIVAL CON IMPORTANTES NOVIDADES E O APOIO DO EXCMO CONCELLO DE VIGO
VIGO
Xoves 27 de outubro, 11:30
Sala de prensa de Alcaldía (planta primeira), Concello de Vigo
Coa presenza de:
Abel Caballero: Alcalde do Concello de Vigo
Julio Gómez: Codirector do Festival Sinsal
O Festival Sinsal 12 chega a Vigo, a súa cidade, o seu centro de operacións dende hai máis dunha década, na súa edición de Outono. Concertos en diferentes sedes e actividades paralelas celebrar a relación do festival con Vigo grazas ao apoio do seu Concello.
Un ano máis o Festival Sinsal desprega a súa programación en diferentes lugares da cidade para achegar á súa cidadanía o mellor dos ritmos contemporáneos, unha coidada selección de artistas e de actividades para poñer en valor a Vigo como receptora e xeneradora de iniciativas culturais. A música, un ano máis, será o centro da actividade do Festival Sinsal na súa edición número 12.
Sinsal Outono xa está aquí.