MATO DEFENDE A NECESIDADE DUN “COMPROMISO COMÚN” DA SOCIEDADE PARA LOITAR CONTRA A VIOLENCIA SEXUAL INFANTIL

 A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe o seminario “Un de cada cinco”, que ten como obxectivo formar aos profesionais da educación na detección e prevención da violencia sexual contra os menores
 Esta actividade inscríbese na campaña do Consello de Europa do mesmo nome, que toma como referencia a estatística de UNICEF que di que “un de cada cinco nenos foi ou será vítima de agresión sexual en calquera das súas formas”
 O departamento autonómico ten posto en marcha ferramentas propias para loitar contra calquera tipo de maltrato contra os nenos e nenas, entre as que destaca o Teléfono da infancia e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI)

Santiago, 10 de novembro de 2014.- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defendeu hoxe a necesidade de adoptar un “compromiso común” no conxunto da sociedade para loitar contra a violencia sexual infantil, especialmente entre aqueles colectivos que traballan directamente con nenos, nenas e adolescentes.

Así o destacou hoxe durante a inauguración en Santiago de Compostela do seminario “Un de cada cinco”, que ten como obxectivo formar aos profesionais da educación na detección e prevención da violencia sexual contra os menores.

Esta actividade inscríbese na campaña do mesmo nome promovida polo Consello de Europa e que se basea na “escalofriante” estatística feita pública por UNICEF que indica que “un de cada cinco nenos foi ou será vítima de agresión sexual en calquera das súas formas”.

Como mostra do compromiso do Goberno galego con esta loita, a Xunta incorporouse á campaña “Un de cada cinco” o ano pasado, e desde entón organizou diversas actividades de difusión como foros ou seminarios, ou a tradución de textos divulgativos. Ademais, a pasada semana “deuse un paso máis” ao aprobarse no Consello da Xunta unha declaración de adhesión a esta campaña. Deste xeito, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en unirse de forma oficial a esta iniciativa.

Nesta mesma liña de actuación, Mato adiantou tamén que proximamente se organizará en Santiago un Congreso que abordará a relación entre xustiza e infancia.

Teléfono da infancia e RUMI
Á marxe desta campaña, a conselleira salientou que o departamento autonómico ten posto en marcha “ferramentas propias” para facilitar a detección e a comunicación de calquera tipo de maltrato infantil, entra as que destacou o teléfono da infancia e o Rexistro Unificado de Maltrato Infantil (RUMI).

A liña telefónica de axuda á infancia é de carácter gratuíto, e está atendida por persoal especializado durante as 24 horas do día. Ten un número común a toda Europa: o 116111.

Permite a atención en dous sentidos: facilita que os nenos e nenas poidan expresar libremente a súas preocupacións e recibir axuda profesional e orientación para resolvelos; e constitúe, ao mesmo tempo, unha canle para que os adultos que alberguen sospeitas de que se está a producir un caso de maltrato ou desprotección poidan comunicalo de forma anónima.

Desde 2009, e ata o momento, recibíronse máis de 9.000 chamadas neste número, das cales preto de 1.000 foron para notificar unha sospeita de maltrato.

Por outra banda, o RUMI púxose en marcha en 2010. Trátase dunha ferramenta informática na que se rexistran as posibles situacións de malos tratos á infancia, simplificando os trámites, reducindo os tempos de intervención e mellorando a eficiencia da actuación pública. Máis de 2.000 profesionais dos centros educativos e das forzas de orde público xa teñen sido dados de alta como usuarios deste sistema.

“Quero salientar que non é necesario que o mestre ou educador realice por si mesmo ningunha investigación. Simplemente debe comunicar os signos de desprotección para que os equipo de menores avalíe a situación”, explicou Mato, quen animou aos profesionais a facer uso desta ferramenta para que “ningún caso de maltrato quede sen detectar”.

En definitiva, Mato concluíu que “o traballo de velar polos dereitos dos nenos e nenas é un labor diario, continuo no que é preciso contar coa colaboración do conxunto da sociedade”.

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: