Afundación organiza en Vigo obradoiros de verán dedicados á cociña, á robótica e ao mundo da radio e televisión
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) acolle durante os meses de xuño e xullo na súa sede de Vigo a proposta de obradoiros de verán 2016, dirixidos a nenas e nenos de 4 a 14 anos, respectivamente, e dedicados á robótica, á radio e á televisión e á cociña. O Centro Interactivo de Educación Ambiental Naturnova tamén ofrece visitas dinamizadas para nenos ou grupos. O obxectivo destas actividades, que se desenvolverán entre o 13 de xuño e o 7 de xullo en Vigo, é que os participantes poidan aprender divertíndose e, ao mesmo tempo, promover un espazo que contribúa á conciliación da vida laboral e familiar. Información e reservas no teléfono 986 447 369 ou a través da web de Ataquilla.com.