Accións de limpeza en todas as parroquias do Porriño

Novo vehículo da Concellería de Parques e Xardíns e LimpezaPersoal dependente da Concellería de Limpeza e Parques e Xardíns, realizou, no último mes máis de 120 accións de desbroce, limpeza, rego, baldeo, corte de césped, retirada de lixo e enseres e barrido en Cans, Atios, Torneiros, centro do Porriño, Pontellas, Carracido, Budiño, Chenlo e Mosende.

Segundo sinalou este xoves o concelleiro, Orlando Márquez, as actuacións abranguen as Fases II, III, IV e V, Xuntanza, xardineiras, de Torneiros, o Colexio Municipal, Carretera cultural, Torreiro-San Campio de Pontellas, o barrio da Liboeira, barrio do Pego, As Sinsoas ou o Parque de Vilafría, en Atios; Orbenlle-Laguna, Parque de Eirís ou Colexio Municipal en Budiño, ademáis de O Paseo do Louro, San Benito, a rúas Paz Varela, Avenida de Galicia, Pio XII, San Benito, San Sebastián, Monte Alto, Domingo Bueno, Subia á Risca, Fernández Areal ou Doutror Paz Varela.

A vindeira semana seguirán os traballos en Mosende, Pontellas, Chenlo, Budiño, Torneiros e zonas do centro da vila, unha labor para a que a concellería disporá dun novo vehículo Ford Transit con volquete, capacidade para seis persoas e posibilidade de carga de preto de 1.700 quilos que permitirá “axilizar” os traballos que ata o dagora se facían con dúas furgonetas e un camión que había que compartir coa Concellería de Vías e Obras.      

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: