Reparación urxente de beirrúas titularidade da Deputación

Beirarruas3O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra ven de comprometerse co concelleiro de Vías e Obras do Porriño a acometer a reparación e mellora das beirarrúas das estradas EP 2401 e 2402, que pasan polas parroquias de Torneiros, Pontellas e Mosende.

Manuel Carrera mantivo varias entrevistas con responsábeis do organismo provincial e entregoulles un informe polo miúdo, tal e como pediu Mobilidade, dos desperfectos das beirarrúas das devanditas estradas, de titularidade provincial.

As mesmas amosan, en varios treitos, un estado xeral de abandono, logo de anos nos que non se realizaron os arranxos necesarios, outros nos que a zona de paso de peóns está invadida pola vexetación, herbas e maleza, facendo difícil ou imposible o paso de persoas, obrigando a que teñan que baixar á calzada, co conseguinte perigo para elas. Ademais, obsérvanse varias partes con roturas, levantamento de lousas e afundimentos, como na EP-2401 (Torneiros-Mosende), na zona do río Miñoteira.

Nos días pasados, Carrera presentou unha comunicación, asinada polo arquitecto municipal, facendo unha relación de cales son as actuacións máis urxentes engadindo, xunto co informe, unha documentación gráfica na que pode apreciarse o estado de deterioro de varias destas zonas en varias das cales o Concello tivo que colocar sinalizacións para advertir aos peóns do perigo. Serán estas zonas nas que os servizos de Mobilidade da Deputación empezarán os traballos de reparación.

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: