A XUNTA RENOVA CON ASPANAEX O OBXECTIVO COMÚN DE SEGUIR AVANZANDO NO BENESTAR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL E DAS SÚAS FAMILIA

  • 010217-rey-varela-aspanaexA Xunta de Galicia inviste máis de 790.000 euros no mantemento de 91 prazas concertadas nos diferentes servizos que ofrece esta asociación: 29 no centro de día, 57 no centro ocupacional e 5 na vivenda comunitaria

 

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá no seu despacho de San Caetano unha reunión de traballo con representantes da Asociación a prol das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex), entre eles o presidente José Manuel Carballo Cabezas. Esta entrevista enmárcase na rolda de encontros e visitas a entidades que dende o primeiro día está a desenvolver o titular da carteira autonómica de Política Social e, neste caso, a xuntanza contou tamén coa participación da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.

 

Rey Varela salientou o importante labor que están a facer en toda Galicia entidades como Aspanaex para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. E, ao fío disto, apuntou que dende o Goberno galego “compartimos con todas elas un obxectivo fundamental como é contribuír para que as persoas con distintas capacidades e as súas familias teñan atendidas as súas necesidades e poidan levar a cabo unha vida coas menores limitacións posibles nunha sociedade que debe ser cada vez máis integradora”.

 

Pola súa banda, Aspanaex informou ao conselleiro do proxecto para a futura construción dunha residencia para a atención á discapacidade en Coia. Deste xeito, a entidade detallou as fases e o número de prazas coas que contará a infraestrutura, para a que Rey Varela comprometeu a colaboración da Xunta de Galicia.

 

O responsable da área social do Goberno galego recordou que a administración autonómica ten un total de 91 prazas concertadas nos diferentes servizos que ofrece Aspanaex. Estas prazas distribúense do seguinte xeito: 29 no centro de día, 57 no centro ocupacional e 5 na vivenda comunitaria. En total, a Consellería de Política Social destina 791.973 euros ao financiamento destes recursos.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: