Archive | febrero 2, 2017

REY VARELA COMPARTE CON FANJUL FERNÁNDEZ-PITA A EXPERIENCIA DE COGAMI NA INTEGRACIÓN DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, acompa–ar‡ ao Director General de Pol’ticas de Apoyo a la Discapacidad, Borja Fanjul Fern‡ndez-Pita, na visita ‡ sede de COGAMI

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, acompa–ar‡ ao Director General de Pol’ticas de Apoyo a la Discapacidad, Borja Fanjul Fern‡ndez-Pita, na visita ‡ sede de COGAMI

    O conselleiro de Política Social acompañou ao director general de Políticas de Apoyo a la Discapacidad na súa visita á sede da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

 

Santiago, 2 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acompañou esta mañá ao director general de Políticas de Apoyo a la Discapacidad, Borja Fanjul Fernández-Pita, durante a súa visita ás instalacións de Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) na capital galega. Alí, ambos responsables das políticas en materia de discapacidade puxeron en común as principais liñas de actuación que están a levar a cabo. Así mesmo, o titular estatal coñeceu de primeira man as actividades e servizos prestados pola asociación. Á visita tamén asistiu o, a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García, e o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

 

O encontro, no que percorreron as instalacións da entidade, serviu tamén para presentar a historia da organización e as actividades e servizos que desenvolve ao responsable das políticas en apoio á discapacidade a nivel estatal. O conselleiro agradeceu a visita de Borja Fanjul, “toda unha mostra de que tamén dende o goberno de España se respalda e apoia ás persoas con discapacidade da nosa comunidade”, engadiu o titular de Política Social.

 

Rey Varela subliñou que “COGAMI é un instrumento fundamental para dar voz ao colectivo e ás súas familias, na defensa dos seus dereitos e na consecución da plena integración social”. Por elo, o conselleiro reafirmou o seu compromiso e o do goberno galego con esta entidade. “Só en perfecta consonancia coas entidades do terceiro sector, poderemos lograr o noso obxectivo común: a plena integración de todos os galegos e galegas na sociedade”.

 

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade

COGAMI nace no ano 1990 coa firme intención de dar solucións ao illamento no que vivían a maioría das persoas con discapacidade, especialmente no rural. Ademais deste obxectivo, hoxe COGAMI busca acadar a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas. COGAMI é un movemento asociativo que destaca polos seus valores e liderado na procura de novas metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade e na prestación de servizos de excelencia dirixidos a este colectivo.

 

Corte de auga polígonos industriais do Porriño

Por mor dunha aviría, é necesario cortar o subministro de para poder acometer a súa reparación. A mesma está na tubaxe de máis de medio metro de diámetro que leva auga dende a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Os Valos, ata o depósito de A Risca- non na que abastece á poboación- o que fai necesario cortar a auga de entrada ao depósito.

Coma medida preventiva, so se deterá o abastecemento aos polígonos industriais durante a execución dos traballos de reparación coa finalidade de contar cunha marxe de tempo dabondo para que a auga almacenada no depósito garanta o abastecemento aos veciños de O Porriño.

Por todo elo, o servizo ás casas non se verá afectado. Dacordo co previsto, o depósito volverá a funcionar normalmente ás 5 da tarde do mesmo domingo.

MAÑÁ 3 DE FEBREIRO, INAGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DO COLECTIVO YGGDRASIL SOBRE O AUTOMÓVIL

cartel-yggdrasilVigo, 2 de febreiro de 2017. Yggdrasil é un colectivo artístico formado por catro integrantes (Adrián, Alberto, Enrique e Jose) que, aínda que proveñen de sectores moi dispares e afastados do mundo da arte, deron coa fórmula máxica para xogar coa fotografía e redefinir os estándares estéticos do sector do automóbil. A súa mostra permanecerá en Detrás do Marco do 3 de febreiro ao 3 de marzo

JOAN AS POLICE WOMAN ENCABEZA EL CARTEL DE CONCIERTOS DE,,PLAY-DOC FESTIVAL 2017 / OAN AS POLICE WOMAN ENCABEZA O CARTEL DE CONCERTOS DE,,PLAY-DOC FESTIVAL 2017

joan_benjamin_2A cantante e compositora estadounidense presentará en Tui as cancións do seu novo álbum, Let It Be You, en compañía do multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis

− O festival internacional de cine documental colabora unha vez máis con Sinsal SON Estrella Galicia para ofrecer o espectacular programa de concertos Play Doc Live!

Tui, 1 de febreiro de 2017. Play-Doc Festival Internacional de Cine Documental, que se celebrará do 22 ao 26 de marzo, contará en 2017 cun espectacular cartel musical, que terá en Joan As Police Woman a súa máis destacada actuación. A cantante, compositora e produtora estadounidense, acompañada polo multiinstrumentista Benjamin Lazar Davis, presentará en Tui o 24 de marzo o seu recentemente estreado quinto álbum, Let It Be You, así como temas clásicos da súa extensa discografía. A programación musical de Play Doc realízase un ano máis en colaboración co festivao Sinsal SON Estrella Galicia, e complétase coas actuacións de Star Rover (Brooklyn) e The Dirty Coal Train (Lisboa).

A colaboración entre Play-Doc e Sinsal SON Estrella Galicia, festival de música que se celebra no mes de xullo na illa de San Simón (Redondela), ten como obxectivo pór en común ambas as experiencias e axuntar esforzos para ofrecer a mellor proposta musical posible ao público do festival de Tui. As entradas para os concertos están xa dispoñibles en venda anticipada en http://www.ticketea.com e en http://www.play-doc.com .

Joan Wasser, coñecida musicalmente como Joan As Police Woman, é unha artista profundamente arraigada no soul pero que domina infinidade de estilos, tamén coñecida polas súas colaboracións con Antony and the Johnsons, Rufus Wainwright, Lou Reed, Sheryl Crow ou David Sylvian. Da súa primeira visita a Galicia foi responsable precisamente o Festival Sinsal no ano 2006, na cidade de Vigo.

Wasser é orixinal de Connecticut, onde desde moi pequena realizou estudos de violín e piano. A súa carreira musical comezou na Universidade de Boston, cidade onde formou as súas primeiras bandas. En 1995 forma parte de Those Bastard Souls, pero tras o tráxico falecemento en 1997 do seu noivo, o lendario músico Jeff Buckley, ela e algúns dos membros do grupo do malogrado artista iniciaron un novo proxecto baixo o nome de Black Beetle.

En 1999 uniuse a Antony and the Johnsons, con quienes gravou o exitoso álbum I Am A Bird Now, gañador dun Mercury Prize. Despois da separación de Black Beetle, en 2002 comeza en

Nova York a súa etapa en solitario baixo o nome de Joan As Police Woman e presenta o seu primeiro EP. É entón cando Rufus Wainwright convídaa a unirse á súa banda para os concertos da súa xira daquel ano.

En 2006, mentres continúa colaborando con outros artistas como David Sylvian, Guillemots ou Sheryl Crow, Wasser publica Real Life, o seu álbum de debut. Logo chegarían To Survive, The Deep Field e The Classic, para lanzar pocou despois dun interesante disco de versións chamado Cover no que interpreta de forma moi persoal temas de David Bowie, Jimmy Hendrix ou Iggy Pop.

No seu estilo, descrito por ela mesma como ‘punk rock R&B e Soul Americano’, destílanse dous das súas grandes influencias: o soul clásico da Al Green e Nina Simone, e os sons máis duros e experimentais de Sonic Youth e Bad Brains, todo nunha mestura explosiva e natural.

Let It Be You, o traballo que presentará o venres 24 de marzo na sala Metropol de Tui, xorde da colaboración co músico Benjamin Lazar Davis, que a acompañará neste concerto. Para a creación do álbum, ambos viaxaron por diversos lugares do continente africano inspirándose nos patróns musicais dos pigmeos da República Centroafricana, reinterpretándolos con instrumentos de rock convencionais como guitarras e teclados.

O cartel musical complétase o sábado, día 25, coas actuacións de Star Rover e The Dirte Coal Train. A peculiar música deste talentoso dúo, fincado en Brooklyn, é difícil de catalogar aínda que podería definirse como punk pastoral. Os seus concertos son como expedicións interestelares inspiradas no estilo guitarrístico de John Fahey. Con apenas unha guitarra e unha batería, o grupo consegue xogar co tempo e as melodías das cordas de Will Graefe (Jesse Harris, Larkin Grimm) e da percusión de Jeremy Gustin (Marc Ribot, Albert Hammond Jr, Delicate Steve). Os seus directos son unha experiencia fóra do común.

The Dirty Coal Train, mentres, é un power trio de garage punk portugués cuxas influencias van do rock dos sesenta cara a sons propios do rockabilly ou o surf, sempre mirando de esguello ao soul e o blues. Despois da súa xira por Europa e Brasil acompañando a grandes bandas como The Routes, Autoramas, The Gories ou The Smoogers, llegan a Play-Doc para presentar o seu último traballo, Super Scum. Música salvaxe pensada para ambientar noites tolas propias dunha peli de serie B.

Programa Play Doc Live!:

Joan As Police Woman. Venres, 24 de marzo, 23,30 horas. Sala Metropol. Tui

Star Rover. Sábado, 25 de marzo, 00,30 horas. Sala Metropol. Tui

The Dirty Coal Train. Sábado, 25 de marzo, 00,30 horas. Sala Metropol. Tui

Venda anticipada de entradas: https://www.ticketea.com/entradas-festival-play-doc-joan-as-police-woman-/

Ballet de Víctor Ullate Sede Afundación Pontevedra e Teatro Afundación Vigo

Pastoral. Tierra madre, a nova proposta do Ballet de Víctor Ullate, poderá gozarse mañá, 3 de febreiro ás 20.30 h na Sede Afundación Pontevedra e ao día seguinte, sábado 4 de febreiro no Teatro Afundación Vigo, tamén ás 20.30 h. As entradas pódense adquirir a través das canles habituais da entidade, en Ataquilla.com ou ben no teléfono 901 504 500.

 

Pastoral, de L. V. Beethoven, é unha peza moi especial para Víctor Ullate, creada como homenaxe á súa amiga Ángela del Moral, da que foi compañeiro na Compañía de Antonio. Trátase dunha obra composta por tres actos ben diferenciados: o primeiro reflicte a infancia e o espertar á vida; o segundo, os anos de mocidade e a experiencia do amor; e o terceiro representa a sabedoría acadada grazas á idade e ao paso do tempo. Nesta última parte, a potencia da danza terá o seu impacto no alén.

LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BOUZAS, QUE OFRECE MÚLTIPLES ACTIVIDADES AO ANO PARA OS MÁIS MAIORES

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitou esta mañá o Centro Sociocomunitario de Bouzas. Acompañado pola súa directora, Inés Jiménez Durán, o responsable da Administración autonómica na cidade percorreu as instalacións e coñeceu aos beneficiarios dos cursos de taichi e de informática, unhas das múltiples actividades que o centro oferta para os máis maiores da zona. Os usuarios e usuarias do centro sociocomunitario de Bouzas teñen unha ampla oferta anual de actividades e cursos que pasa por obradoiros culturais, de alfabetización, axilidade mental, corte e confección, bolillos ou informática, entre outros, así coma cursos de canto, pilates, ioga, ximnasia de mantemento ou taichi, entre outros.02022017_csbouzas2Pé de foto: LÓPEZ-CHAVES VISITA O CENTRO SOCIOCOMUNITARIO DE BOUZAS, QUE OFRECE MÚLTIPLES ACTIVIDADES AO ANO PARA OS MÁIS MAIORES

LÓPEZ-CHAVES EXPLICOU AOS COMERCIANTES DE PIZARRO OS PASOS A DAR NA LICITACIÓN DAS OBRAS DA PRIMEIRA FASE DA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

  • 02022017_comerciantespizarroO delegado territorial da Xunta mantivo un encontro informativo co colectivo tras a reunión do Comité de Seguimento celebrado onte

 

Vigo, 02 de febreiro de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo esta mañá un novo encontro con representantes dos comerciantes do ámbito de Pizarro para informarlles dos pasos que o Goberno galego está a dar no proxecto da Cidade da Xustiza coma así se comprometera no seu momento.

 

Coma explicou López-Chaves, tras a reunión celebrada no día de onte do Comité de Seguimento -no que están representados tanto membros da Xunta, coma do Concello de Vigo e de todos os axentes implicados coma xuíces, avogados, fiscais, secretarios coordinadores, procuradores e arquitectos-, hoxe tocaba a quenda de trasladarlle toda a información aos veciños e comerciantes da zona, que valoraron moi positivamente a iniciativa. É máis, Rosa Vello, que actuou coma portavoz dos mesmos, comentou que estaban “moi contentos” co proxecto e que esperaban que “comezase xa” porque, deste xeito, “será moi bo para Vigo”.

 

O delegado transmitiulle que nas vindeiras semanas se licitarán as obras da primeira fase, cun orzamento de 3,2 millóns de euros, e coa previsión de adxudicala en maio e iniciar de inmediato os traballos axilizando ao máximo o procedemento para que o futuro complexo xudicial sexa unha realidade o antes posible. “Significará que xa haberá obra no inmoble dun proxecto que conta cun investimento de 25 millóns de euros”, recalcou López-Chaves, quen insistiu nas bondades da ubicación da futura Cidade da Xustiza para “conseguir dar servizo á administración de xustiza e recuperar un entorno da nosa cidade moi importante”.

 

Para axilizar ao máximo a posta en marcha do edificio, o proxecto dividiuse en dúas fases, a fase de execución, coa parte de demolición daquelas partes do edificio do antigo Hospital Xeral que serán retiradas e unha segunda fase de obra de rehabilitación, que será entregada no terceiro trimestre deste ano para poder estar en obras antes de que remate o ano e cun prazo de execución de 24 meses, co obxectivo principal de que o edifico sexa unha realidade antes de rematar 2019.

Dende a Xunta apostouse por rehabilitar un edificio emblemático da cidade, concentrando nun mesmo sitio todas as dotacións xudiciais da cidade, poñendo en marcha unha Cidade de Xustiza moderna, ben dimensionada, e buscando mediante o concurso de ideas a mellor solución para converter o antigo Xeral na nova Cidade da Xustiza de Vigo, concentrando nun mesmo edificio todas as dotacións xudiciais da cidade, gañando máis de 20.000 metros cadrados novos de espazo e ubicando no inmoble 35 unidades xudiciais, con espazo libre para futuras ampliacións, contando xa dende o primeiro momento coa axuda e co asesoramento dos arquitectos da cidade, dos operadores xudiciais e do concello.

Rap ritualístico desde o brasil. Olho x Lessa Gustavo – Chá de Pilha EP.

unnamedChá de Pilha EP, é um ritual dividido em 6 atos:

AQUI é o questionar do que te traz ao ritual, o motivo de pratica-lo.

SIRVA-SE é o servir do conteúdo da Jarra nos copos, para que o ritual seja ini- ciado.

DIGESTÃO é o momento que as pilhas são digeridas, a jarra vazia e o efeito se inicia.

CONFORTO é a suposição da sensação boa, mesmo que ironica, de todo esse acontecimento.

TUMULTO é efeito ruim, o despertar do acontecimento.

ULTIMO é o encerrar do processo, a finalização do ritual.http://www.linguanativa.com/

A XUNTA RENOVA CON ASPANAEX O OBXECTIVO COMÚN DE SEGUIR AVANZANDO NO BENESTAR DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL E DAS SÚAS FAMILIA

  • 010217-rey-varela-aspanaexA Xunta de Galicia inviste máis de 790.000 euros no mantemento de 91 prazas concertadas nos diferentes servizos que ofrece esta asociación: 29 no centro de día, 57 no centro ocupacional e 5 na vivenda comunitaria

 

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo esta mañá no seu despacho de San Caetano unha reunión de traballo con representantes da Asociación a prol das Persoas con Discapacidade Intelectual da provincia de Pontevedra (Aspanaex), entre eles o presidente José Manuel Carballo Cabezas. Esta entrevista enmárcase na rolda de encontros e visitas a entidades que dende o primeiro día está a desenvolver o titular da carteira autonómica de Política Social e, neste caso, a xuntanza contou tamén coa participación da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez.

 

Rey Varela salientou o importante labor que están a facer en toda Galicia entidades como Aspanaex para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias. E, ao fío disto, apuntou que dende o Goberno galego “compartimos con todas elas un obxectivo fundamental como é contribuír para que as persoas con distintas capacidades e as súas familias teñan atendidas as súas necesidades e poidan levar a cabo unha vida coas menores limitacións posibles nunha sociedade que debe ser cada vez máis integradora”.

 

Pola súa banda, Aspanaex informou ao conselleiro do proxecto para a futura construción dunha residencia para a atención á discapacidade en Coia. Deste xeito, a entidade detallou as fases e o número de prazas coas que contará a infraestrutura, para a que Rey Varela comprometeu a colaboración da Xunta de Galicia.

 

O responsable da área social do Goberno galego recordou que a administración autonómica ten un total de 91 prazas concertadas nos diferentes servizos que ofrece Aspanaex. Estas prazas distribúense do seguinte xeito: 29 no centro de día, 57 no centro ocupacional e 5 na vivenda comunitaria. En total, a Consellería de Política Social destina 791.973 euros ao financiamento destes recursos.

 

Retribución das peroas contratadas ao abeiro do Plan Concellos

O Goberno local está “completamente disposto” a ter en conta a proposta do concelleiro de EU-Son de que as persoas contratadas dentro do Plan Concellos da Deputación perciban unha retribución que sexa acorde co establecido no Convenio Colectivo.

De feito, sinala a concelleira de Formación e Emprego, Soledad Girón, esta posibilidade está recollida na proposta de orzamentos do Goberno local para este ano e, subliña, “se a oposición os aproba estaríamos máis que dispostos a que fose así”.

Con todo, Girón lembra que na xestión do seu departamento ten que axustarse á realidade e esta é que, na actualidade, dispón duns recursos que non permiten esta posibilidade xa que, de aplicar a mesma “a Concellería estaría sen cartos a principios de marzo e precisa dos mesmos para atender as moitísimas necesidades que se non presentan cada día”.

Soledad Girón engade que os participantes no Plan Concellos perciben o Salario Mínimo Interprofesional, tal e como esixe a Deputación, “polo tanto se cumpre, exactamente, a legalidade”, e indica que á cantidade aportada pola Deputación completouse con outra do Concello o que permitiu que as persoas que se contratan ao abeiro deste plan traballen a xornada completa, algo que non ocorría con anterioridade.

Polo que atangue a priorizar a antigüidade á hora de contratar, a concelleira explica que é algo que xa se fai, “faino a Oficina do Porriño do Servizo Galego de Emprego, que é a encargada da preselección, non o Concello, e que da preferencia a vítimas de violencia machista, maiores de 45 anos, parados de longa duración e familias monoparentais que teñan persoas ao seu cargo”.

Por último, Soledad Girón salienta que a Concellería de Formación e Emprego tentará poñer  en marcha este ano, “porque é urxente e completamente  inaprazábel” o Plan de Emprego Feminino, haxa ou non novos orzamentos, polo cal debe dispor de recursos.

A concelleria considera que o Plan Concellos é unha parte moi importante do esforzo que se fai dende o Goberno local para axudar á creación de emprego, e que é “esencial” faer un esforzó por intentar poñer en funcionamento o Plan de Emprego Feminino considerando que dos 1.844 desempregados que había no Porriño a finais do ano pasado, 1.064 eran mulleres e 780 homes, “isto quere dicir que o paro feminino é un 36 e medio por cento superior ao masculino”.