CONVERSAS CDLG_BEATRIZ BUSTO_NO-DO/FOLCLORE
Conversas do CDLG: A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical
Beatriz Busto Miramontes
Data e hora: Sábado, 18 de febreiro – 12 h.
Lugar: Compostela. Sede do CDLG
«Conversa do CDLG», organizada pola Sección de Historia da Arte (SEHAG), para a súa difusión. Retomamos o ciclo de conversas este sábado, día 18 de febreiro de 2017, coa etnomusicóloga e doutora en Antropoloxía Social Beatriz Busto Miramontes.
Por primeira vez en Galicia, teremos a oportunidade de asistir á presentación das conclusións da tese de doutoramento titulada “La Galicia proyectada por NO-DO. La arquitectura del estereotipo cultural a partir del uso del folclore musical (1943-1981)”, recentemente defendida na Universidade Autónoma de Madrid e dirixida polo antropólogo Dr. Juan Carlos Gimeno Martín. Na conversa titulada «A Galicia proxectada no NO-DO a partir do uso do folclore musical», faremos un percorrido polo abundante material que Beatriz Busto atopou en NO-DO para a súa tese, centrada nos anos 1943 e 1981, con especial incidencia nos usos do folclore galego na imaxe NO-DO.