REY VARELA AMOSA O COMPROMISO DA XUNTA DE GALICIA COAS PERSOAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL DURANTE A VISITA Á SEDE DO COMITÉ ANTISIDA DA CORUÑA

  • O conselleiro de Política Social mantivo unha reunión con directivos da entidade, que busca a inclusión na sociedade das persoas afectadas polo VIH/ SIDA, así como de outros colectivos desfavorecidos

 

A Coruña O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao “Punto de calor” que xestiona o Comité Antisida CASCO. Na rúa Padre Sarmiento, 24 01/03/2016 Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, realizará unha visita ao “Punto de calor” que xestiona o Comité Antisida CASCO. Na rúa Padre Sarmiento, 24
01/03/2016
Foto: Moncho Fuentes / AGN

A Coruña, 1 de marzo de 2016.- O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, desprazouse hoxe á sede do Comité Antisida da Coruña, CASCO, co obxectivo de coñecer de primeira man as instalacións e actividades que desenvolve esta entidade que atende a persoas afectadas por VIH/ SIDA así como a outros colectivos en risco de exclusión social. Deste xeito, Rey Varela continúa coa rolda de encontros coas entidades, organizacións e axentes coa finalidade de intensificar aínda máis as vías de diálogo e de colaboración en políticas sociais. Á reunión tamén acudiu o director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.

 

Rey Varela agradeceu o traballo que se está a desenvolver en CASCO en prol da inclusión social dos enfermos de VIH/ SIDA e da prevención desta enfermidade. Neste contexto, o conselleiro amosou o compromiso da Xunta de Galicia cos colectivos máis desfavorecidos, como os dos usuarios de CASCO. Proba do compromiso coa inclusión é o aumento neste 2016 da partida orzamentaria destinada a este fin, que alcanza os 86,5 millóns de euros. “Destinar máis recursos á inclusión é unha obriga para a nosa Consellería, na que é unha prioridade que ningún cidadán quede atrás no camiño da recuperación”, afirmou Rey Varela.

 

CASCO desenvolve tres programas a través de tres instalacións. A entidade conta cun centro de atención social continuado no que desde o ano 2003 desenvolven  un programa de prevención do VIH/ SIDA e loitan contra a exclusión dos colectivos máis desfavorecidos como consumidores de drogas, estranxeiros ou persoas sen teito entre outros. Nestas instalacións, os usuarios teñen acceso a recursos básicos como a hixiene persoal, roupa ou comida.  Ao redor de 70 persoas acoden a diario a este centro.

 

Ademais, o comité desenvolve tamén a súa actividade nun piso de acollida para enfermos de VIH/ SIDA. Dende a súa apertura, no ano 2003, foron atendidas un total de 127 persoas. A Xunta de Galicia aporta unha das once prazas deste fogar, no que se desenvolve un programa en réxime residencial con atención as 24 horas do día. Este programa se distribúe nas fases de recuperación médica, inserción formativa e inserción socio- laboral, co obxectivo de conseguir a integración social completa do usuario.

 

O terceiro emprazamento da actividade de CASCO correspóndese co piso de acollida para persoas en situación de exclusión social, onde se traballa na prevención da transmisión da enfermidade a través das fases antes citadas, pero neste caso o programa está dirixido a calquera persoa en situación de exclusión social.

 

Maior compromiso coa inclusión

A administración local a través da Consellería de Política Social está a realizar unha aposta firme pola inclusión. Froito deste compromiso é o aumento das partidas orzamentarias destinadas a colaborar e apoiar ás entidades e colectivos sociais que traballan cos máis desfavorecidos. Neste sentido, a inversión da Orde de Entidades, pasou dos 3,9 millóns de euros do 2015 aos máis de 7 millóns de euros reservados neste 2016.

Ademais, a Xunta de Galicia traballa para ampliar as medidas da Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, con máis de 300 accións nas que a persoa e atender aos factores que provocan que estea nunha situación de risco ou de exclusión, constitúen o eixo de toda a intervención.

 

About Vgomagazine

Revista Online.

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: