REY VARELA SALIENTA A IMPORTANCIA DAS FAMILIAS ACOLLEDORAS PARA GARANTIR OS DEREITOS DOS MENORES EN RISCO DE DESAMPARO

  • O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase cos responsables da Fundaci—n ANAR.

    O conselleiro de Pol’tica Social, JosŽ Manuel Rey Varela, reunirase cos responsables da Fundaci—n ANAR.

    A Xunta de Galicia da prioridade ao acollemento familiar –en familia extensa ou allea- sobre o internamento en residencias porque mantén aos nenos, nenas e adolescentes no seu entorno social, educativo e emocional

  • Na actualidade, a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda ao arredor de 2.000 menores en situación ou risco de desprotección

 

Santiago, 20 de febreiro de 2017.-  O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, reuniuse esta tarde no seu despacho de San Caetano con responsables da Fundación  de Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco (ANAR), organización sen ánimo de lucro dedicada á promoción e defensa dos dereitos dos menores en situación de desamparo mediante o desenvolvemento de proxectos tanto en España coma en Latinoamérica. A entrevista serviu para que Rey Varela coñecera de primeira man como funcionan os ‘Fogares ANAR’ e os teléfonos de axuda aos menores e ás familias que ten activadas as 24 horas do día e durante todo o ano esta entidade.

 

Despois da xuntanza, o titular de Política Social sinalou que “a protección á infancia é un dos obxectivos fundamentais, prioritarios e básicos do Goberno galego, en especial, cando se trata de menores que teñen ou tiveron unha circunstancia familiar adversa de incidencia negativa cara a súa vida adulta”. Neste sentido, o conselleiro fixo fincapé no esforzo da Xunta para que “non haxa ningunha familia sen fillos, traballando para que Galicia sexa o mellor lugar para formar unha familia e para ser neno ou nena; pero tamén para que non haxa ningún menor sen familia”.

 

Así, a Administración autonómica ten baixo a súa tutela ou garda ao redor de 2.000 menores e adolescentes, dos cales máis da metade se atopan en situación de acollemento familiar, ben sexa en familia extensa ou allea. “Procuramos as mellores opcións para os menores que precisan dunha familia, e o acollemento é o recurso máis idóneo porque os mantén no seu entorno social, educativo e emocional”, explicou Rey Varela. E, ao fío disto, subliñou que a Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia protexe e favorece a permanencia do menor nunha familia, dando prioridade ao acollemento sobre o internamento residencial.

 

O responsable de Política Social referiuse á importancia do traballo que realizan entidades como a Fundación ANAR para garantir os dereitos e o desenvolvemento pleno dos menores en situación de risco ou desamparo social; pero sobre todo encomiou a aquelas persoas e familias que están dispostas a acoller, xa que “son o mellor exemplo de amor e solidariedade que podemos atopar na nosa sociedade”.

 

Ao respecto, Rey Varela aproveitou para facer un chamamento a participar en programas de acollemento, lembrando que pode acoller calquera persoa, matrimonio ou parella de feito –con ou sen fillos- e de calquera condición social, ideoloxía ou crenza. “O único que é necesario é ter vontade de acoller a a capacidade de darlle aos nenos os coidados, a seguridade, a educación e o cariño que precisan”, concluíu.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: