LÓPEZ-CHAVES LAMENTA QUE CABALLERO “ENGANE” AOS VIGUESES E “UTILICE POLÍTICAMENTE” A MELLORA DOS SERVIZOS DE EMERXENCIAS

 

  • Os 225 terminais de comunicacións Tetra son cedidos gratuitamente e teñen un valor superior aos 205.000 euros, que investiu unicamente a Xunta de Galicia
  • O Concello de Vigo non recolleu aínda o vehículo tipo furgón destinado ao servizo municipal e que a semana pasada se entregou ás grandes cidades
  • O delegado quixo deixar claro tamén que os servizos de Protección Civil e Emerxencias son de competencia exclusivamente municipal tendo a Xunta unha aposta decidida pola mellora do seu equipamento e da prestación dos servizos

 

Vigo, 21 de marzo de 2016.- O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, lamentou hoxe as recentes declaracións de Abel Caballero sobre a mellora dos servizos municipais de emerxencias posto que, coma considerou, “está a enganar” aos vigueses ademais de “utilizar politicamente” un recurso tan importante e necesario coma é o servizo municipal de Protección Civil e Emerxencias.

 

López-Chaves quixo aclarar que os 225 terminais de comunicacións Tetra que hai unhas semanas se ían a entregar ao Concello nun acto na Delegación tiveron un custe superior aos 205.000 euros que pagou integramente a Xunta para ceder despois gratuitamente ao goberno local que, coma foi o caso doutros concellos de toda a xeografía galega, se adheriu voluntariamente á rede Resgal (Rede de Emerxencias de Galicia).

 

“Os terminais os comprou a Xunta e llos cede gratis ao Concello, que paga o uso da rede e o mantemento dos terminais como así se acordou no seu día”, explicou o delegado, quen matizou que “unha cousa é a compra física dos terminais, que se está a aforrar o Concello de Vigo, e outra moi distinta é o custe anual polo dereito de uso da Rede”, dixo López-Chaves poñendo coma exemplo o que ocorre coa telefonía móbil comercial. “Unha cousa é a compra do terminal físico e outra o custe de usar a rede de telefonía”, exemplificou.

 

Con todo, o delegado insistiu tamén en que os servizos de Protección Civil e Emerxencias son de competencia exclusivamente municipal tendo a Xunta de Galicia unha “aposta decidida pola mellora do seu equipamento e da prestación dos seus servizos” coma se está a por de manifesto coa entrega de dispositivos, material e mesmo vehículos cos que se  pretende garantir que os servizos municipais teñan todos os medios necesarios para o mellor cumprimento das súas funcións.

 

Neste senso, cualificou de “curioso” que Caballero cinga esta situación “a cuestións de fotos” lamentando así o “uso político” que lle está a dar á entrega de dotacións e equipamentos para os servizos de emerxencias que redundan na seguridade dos cidadáns. De feito, lembrou que o Concello de Vigo segue sen recoller o vehículo tipo furgón que tamén cedeu o Goberno galego ás grandes cidades a semana pasada. “Conscientes da importancia deste servizo para os cidadáns e, pese a que non lle compete exclusivamente, a Xunta decide contribuír na mellora do seu servizo de emerxencias”, finalizou López-Chaves.

 

Acerca de Vgomagazine

Revista Online.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: