Archive | May 8, 2016

A Concellería de Emprego do Porriño organiza distintos cursos para desempregados do concello

obra (2)A Concellería de Emprego, que dirixe Soledad Girón, ven de poñer en marcha varias accións formativas dirixidas a veciñas e veciños empadroados no Porriño e que se atopen en situación de desemprego. A concelleira, subliña que estes cursos teñen como “obxectivo esencial e fundamental contribuír á volta ao mercado laboral” mediante o coñecemento de novas habilidades demandadas polos empregadores ou que poden constituír un oco de mercado á hora de crear unha empresa.

A actividade formativa, que é constante, abrangue un curso de Fibra Óptica, outro de CNC, para torneiros fresadores, “que se realizará tendo en conta a dispoñibilidade das empresas” que demandan este persoal, un de Manipulador, dous cursos de Alérxenos, un de Motivación, “que responde a unha demanda de emprego” e, nos vindeiros días, convocarase un de Maquillaxe e Perruquería, aproveitando a aula específica, que estar´enfocado ao eido artístico. Ademais, nas vindeiras datas, a Concellería de Emprego abrirá o prazo, “con moito tempo”, para un curso de Drones.

Soledad Girón indica que, así mesmo, o Concello ven de optar a varios obradoiros convocados pola Xunta, un deles para Forestal, que se impartiría no Louro, outro de Atención Sociocultural, no Centro de Torneiros e dous de Albanelería e Xardinería, que se impartirían na Escola de Covelo.

A totalidade dos cursos, para os cales a inscrición estará aberta do día 16 de maio ao 3 de xuño, son de balde e, como se sinala nas bases dos mesmos, están organizados para persoas empadroadas no Porriño, maiores de idade e anotadas nas oficinas de emprego da vila.

Ayuntamientos y puertos de Galicia bajo sospecha de extorsión con las Banderas Azules denuncia PLADESEMAPESGA

Las Banderas Azules de Galicia bajo sospecha de presunta extorsión a los alcaldes del litoral«cuotas de dinero público fijas» a cambio de cada Bandera Azul.

Ver el comunicado completo y documentación adjunta en:

http://www.pladesemapesga.com/inicio/portada/110-se-confirma-la-presunta-extorsion-de-fondos-publicos-a-cambio-de-banderas-azules-que-denunciaba-pladesemapesga